31 de mar. de 2022

PRIMAVERA XOVE 2022

Damos difusión ao programa Primavera Xove 2022 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Este progrma inclúe estancias de Semana Santa e fins de semana en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos.

30 de mar. de 2022

ORIENTA VIGO

O martes 29 desprazámonos a Vigo para participar no campionato provincial de orientación deportiva. Foi unha xornada especial, de deporte e convivencia con outros centros, na que alumnos/as de 2º, 3º e 4º da ESO puideron competir contra outros colexios e institutos da provincia de Pontevedra facendo unha actividade diferente ao aire libre, na procura de balizas agochadas por todo o parque de Castrelos, coa única axuda dun mapa.

Puxeron a proba a súa capacidade de orientación e a súa resistencia e fixérono moi ben! De feito, o noso CPI acadou uns resultados estupendos, entre os que cabe destacar:

  • O primeiro posto de Iago Álvarez Domínguez de 2º ESO C, na categoría infantil masculino, na que Iago avantaxou ao segundo corredor clasificado en máis de tres minutos.
  • O primeiro posto da cadete feminino Alba Raña Rodríguez de 4º ESO A, quen avantaxou á segunda corredora en máis de cinco minutos e medio!!
  • O segundo posto de Marta Gil Fernández de 2º ESO A na categoría infantil feminino.
  • E na categoría cadete masculino o CPI conseguiu o segundo e o terceiro posto do podium: Alejandro Álvarez Lorenzo (segundo) e Samuel Rodríguez Rodríguez (terceiro), ambos de 4º ESO A.

Pero o resto de corredores do noso centro tamén o fixeron moi ben, xa que fomos clasificados por equipos para o campionato autonómico a celebrar en Santiago o 23 de abril, PARABÉNS A TODOS/AS!!

No arquivo adxunto podedes ver os resultados en todas as categorías e picando na foto entraredes na galería.

15 de mar. de 2022

DÍA DO LIBRO

O Dpto de lIngua Castelá organiza esta actividade.

VISITA AO PARQUE TECNOLÓXICO

Alumnado de 4º, organizado por Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía, visitou a aula Newton do Parque tecnolóxico de Ourense, no polígono de San Cibrán.

Mediante dinámicas prácticas deseñaron un plan de voo entre dúas cidades norueguesas (distancia, tempo, rumbo...), tripularon unha avioneta nun simulador, montaron e pilotaron drons e coñeceron as dificultades para tripulalos.
Hai máis fotos se picades nas imaxes.

14 de mar. de 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS MATES, DÍA DO NÚMERO PI

Este curso, conmemoramos o día no centro con diversas actividades:
  • Proxeccións de vídeos sobre o número pi.
  • Experimento con número pi.
  • Outro número importante: o phi.

  • Tamén aproveitamos para responder a esa pregunta constante da rapazada de "para que valen as mates?", da man do matemático e divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón.

E sen perder de vista a reciente conmemoración do día internacional da nena e a muller na ciencia, e enmarcada no proxecto Donas de si, rendímoslle a nosa particular homenaxe á xenial Hipatia de Alexandría, a través da proxección da película Ágora.


7 de mar. de 2022

8M, SOMOS "ROSIE, A REMACHADORA"

Montamos un escenario para recrear a figura de "Rosie, a remachadora". Se picades na imaxe podedes ver as fotos de todos os que quixeron participar e debaixo o vídeo que, con todos, creou Elena.


Coas fotografías, o alumnado de Plástica de 4º realizou esta montaxe que dá a benvida aos visitantes no vestíbulo do cole.

6 de mar. de 2022

8M

Seguimos expondo algúns dos traballos do noso alumnado.
  • Alumnado de 3º realizou con Esther Rodríguez, en Historia, o mural de "Mulleres Artistas". Actividade coa que pretenden dar visibilidade ao papel que as mulleres tiveron ao longo da historia da arte; ben como musas, ben como autoras. E tamén poñer o foco na exclusión das mulleres artistas do currículum.
  • Alumnos de Francés de 2º e 3º da ESO; pica na imaxe para ver todas as fotos. Os de 3º B e C incluso gravaron pistas para adiviñar de que muller están a falar.

 
  • Alumnos de valores, con Eva fixeron pequenas biografías de deportistas españolas. Quedan expostas no acceso ao ximnasio.





  • Dende o Plan Proxecta Donas de si organizouse un mural no que os alumnos dos distintos cursos colaboraron con frases célebres de mulleres de diferentes ámbitos nas catro linguas impartidas no centro: galego, castelán, inglés e francés. As profesoras implicadas foron Lucía González (Inglés), Gabriela (Francés) e Tania (Lingua Galega e Literatura).

  • Con Ruta, en Música

8M

Alumnos de 4º, de Lingua Galega, comezan a publicar os seus traballos.
MARÍA PURIFICACIÓN GÓMEZ de Inés Cobas
ALCALDESA REPUBLICANA de Jimena Da Cuña
Infografía de Fatima Cerviño Álvarez

5 de mar. de 2022

8M

Dende o concello chega un agasallo para toda a comunidade educativa.
Co gallo do 8M, organizaron o II concurso de slogans "Cóntallo a Violeta 2022", en colaboración co alumnado do IES. A partir do slogan gañador, Davila deseñou a viñeta coa que se creou o marcapáxinas.

E, como non, fixemos o reparto para que ninguén quede sen el.

4 de mar. de 2022

DÍA DA MULLER, 8 DE MARZO

Sempre atinado, Luis Davila deseña o marcapáxinas gañador do II concurso de slogans "Cóntallo a Violeta 2022", realizado polo concello da Cañiza en colaboración co alumnado do IES.