Amosando publicacións coa etiqueta Lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lectura. Amosar todas as publicacións

13 outubro 2024

DÍA DAS ESCRITORAS, 2023

O Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España e distintas asociacións desde 2016. Con ela buscan reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Como en edicións anteriores, a data elixida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, polo que este ano celebrarase o 16 de outubro. 

"Nesta edición o comisariado recae na escritora Marta Sanz e o tema escollido é O pracer, a alegría e a risa das mulleres, co que pretenden facer do Día das escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación, o comedimiento e o sacrificio". 

Desde a biblioteca visibilizaremos a obra das escritoras galegas a través da exposición e lectura de fragmentos cos que se busca incentivar a investigación, a exploración e a creación...

Aquí unha recompilación de fragmentos posibles:

Con estes vídeos recordamos a algunha delas.

10 outubro 2022

DÍA DAS ESCRITORAS

Celébrase este ano 2022 baixo o lema "Antes, durante e despois das guerras".  Carmen Domingo, a comisaria desta edición, fai unha selección de textos que  “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.

Desde as bibliotecas escolares queremos que se visibilice tamén a obra das nosas escritoras, para o que ofrecemos unha recompilación de fragmentos de escritoras galegas.

26 setembro 2021

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2021

A escritora e profesora de Lingua Castelá, Beatriz Giménez de Ory, gaña o galardón por ‘Un hilo me liga a vos. Mitos y poemas’, unha actualización de relatos clásicos combinada con poesía.

17 xuño 2021

14 outubro 2020

10 outubro 2020

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2020

A Secretaría Xeral de Cultura presentou o novo calendario 2020 coas datas máis salientables arredor do libro e a lectura.


 

09 outubro 2020

PREMIO NOBEL DE LITERATURA, 2020

A estadounidense Louise Glück é a gañadora do Nobel de Literatura 2020. Este premio vén coroar unha longa e recoñecida traxectoria, que comezou a finais da década dos sesenta coa publicación, en 1968, do seu primeiro libro, " First  born", que foi recoñecido co  Academy  of  American  Poet' s  Prize. Desde entón, publicou doce coleccións de poesía, todas elas caracterizadas pola procura de claridade. A infancia e a vida familiar, a estreita relación entre pais e fillos, e entre irmáns, son os temas centrais da súa obra.


É unha das figuras máis relevantes da poesía contemporánea norteamericana, con títulos tan importantes como " Ararat", "Averno", "El iris salvaje", "Las siete edades", "Praderas", "Una vida de pueblo" o "Vita nova", todos eles publicados en España pola editorial  Pre-Textos.

22 marzo 2020

LECTURAS PARA TEMPOS DE RECLUSIÓN - SELOS EDITORIAIS

  • Anagrama. Tamén se suma á iniciativa e publica cinco ebooks gratuítos.
  • Roca editorial. Ofrece vinte e catro libros a cero euros nas principais plataformas de libros electrónicos e anuncian que “pronto serán algúns máis”.
  • Penguin Random House. Propón para estes días un gran número de actividades sen saír de casa relacionadas co mundo da lectura e o libro. Ademais, anuncia que cada xoves poderanse dispoñer de dous audiolibros gratuítos para poder escoitar en compañía. Sen dúbida, outra maneira de poder gozar da lectura.
  • Editorial Hearst España. Dende o 12 de marzo ata o 1 de abril, ofrece acceso gratuíto a 19 publicacións (10 minutos, harper’s bazaar, que me dices, elle, Cosmopolitan, mi casa, nuevo estilo, fotogramas… ) dende a plataforma Kiosco y más.

09 xuño 2015

OS MELLORES LECTORES

Como cada curso, axudándonos do programa MEIGA, sacamos unha listaxe dos mellores lectores de Secundaria. E nesta ocasión foron os seguintes:

01 outubro 2014

E-READER

Contamos tamén con dispositivos de lectura electrónica (E-reader) que calquera membro da comunidade pode levar. Teredes que solicitalos na biblioteca e precisamos a autorización das familias.

05 marzo 2014

OS QUE MÁIS LEN

As cores indican o tempo de lectura semanal promedio que dedican os cidadáns a ler. Os países asiáticos van á cabeza (na India o promedio semanal é de máis de 10 horas) e España queda na parte alta dos países nos que menos se le, con algo menos de seis horas á semana.

22 xaneiro 2014

A IMPORTANCIA DO INGLÉS... E DA LECTURA

Santi Cazorla, futbolista do Arsenal, incendiaba as redes sociais e os foros do Tottenham ao publicar unha foto en Twitter na que se podía ler:
"Que é o que pensamos do Tottenham? ¡Merda!.
E que pensamos da merda? Tottenham."
Tras o lío formado, o xogador pediu perdón pola metedura de pata e defendeuse dicindo que non sabía o que estaba escrito no cartel.
Imaxinades unha situación similar entre os nosos grandes?
Atentos famosos! Cando vos vaiades facer unha foto cun fan que leve cartel, lede o que pon. Aínda que esté en inglés!!!!!!
Vía: Blog El pájaro loco de Irene Gómez Peña

22 novembro 2013

CASSANY, LECTURA CRÍTICA

Daniel Cassany fala sobre Lectura Crítica nas xornadas sobre "Competencia Lectora: camiños para conseguir lectores competentes", organizadas pola asesoría de Linguas do País Vasco.

02 maio 2013

TODO DON QUIXOTE EN TRES SEGUNDOS

Xa lestes O Quixote ou parécevos moi longo?
Xa non hai desculpa. Grazas ás novas tecnoloxías agora é posible escoitar a obra integral en só tres segundos. Só hai que visitar a exposición interactiva “Érase DE UNA VEZ don Quijote de la Mancha”, unha creación de Diego Agulló e Jorge Ruiz Abánades, no Instituto Cervantes de Berlín.
A obra estrutúrase ao redor dun pedestal diante dunha escultura en forma de columna, de case cinco metros de altura, que se compón de todas as palabras da novela, recortadas do libro e inseridas unha tras outra cun fío de nailon. O público que accede ao atril atópase cun exemplar do Quijote que ao abrirse activa unha secuencia de audio, na que se oen todas as palabras do texto orixinal ao mesmo tempo, sobrepoñéndose nunha asombrosa cacofonía que non supera os tres segundos de duración.
Mira e escoita no vídeo.

Vía: Blogs El País, El arte en la edad del Silicio.