10 de xul. de 2020

PREMIO CERVANTES CHICO, 2020

O pasado 6 de xullo o Xurado do Premio Cervantes Chico 2020 acordou outorgar o premio, na súa XXIV edición, a  Care Santos, “motivado pola súa ampla e exitosa traxectoria literaria no mundo infantil e xuvenil.
A súa obra destaca pola orixinalidade das súas temáticas, o tratamento dos personaxes e a coidada arquitectura na estrutura dos seus relatos.  Care Santos é ademais un referente no panorama literario xuvenil, ocupándose de fomentar e tamén recuperar lectores. Imparte talleres literarios e destaca o seu impresionante e incansable labor do fomento da lectura a través dun estreito contacto cos mozos a través de talleres e encontros literarios.

2 de xul. de 2020

SETEMBRO 2020

Os alumnos con materias suspensas terán que presentarse aos exames extraordinarios de setembro.
Se, chegado o momento, non se puidesen facer esas probas de maneira presencial, avaliarase con actividades que haberá que entregar o día do exame.
Esas actividades co plan de traballo deseñado para setembro poderanse atopar no Drive que xa empregabamos durante o período de confinamento.
Para as dúbidas contactade directamente cos profesores da materia, os correos seguen a estar na web do cole.
E ante calquera incidencia permanecede atentos ás comunicacións que aparecerán na web ou neste mesmo blog.
Bo verán a todos.


CALENDARIO SETEMBRO