venres, maio 31

PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DAS LETRAS

A escritora estadounidense  Siri  Hustvedt gañou o Premio Princesa de Asturias das Letras 2019.
Feminismo, arte e ciencia son as tres  probetas coas que foi conformando a súa obra, que arrincou en 1992 coa eloxiada novela, Los ojos vendados. Ademais, publicou El hechizo de Lily Dahl, Todo cuanto amé, Elegía para un americano, El verano sin hombres, Un mundo deslumbrante... Da súa poesía, chegounos, en castelán, Leer para ti.



sábado, maio 25

VISITA DO ALUMNADO DE 6º

Xa puidemos coñecer ao alumnado que ocupará as aulas de 1º o curso que vén.
Despois de recorrer as instalacións participaron nunha merenda e nunha actividade deportiva que lles permitiu coñecer e interacturar entre eles.
 

 


xoves, maio 23

VISITA A CELANOVA

Onte, o alumnado de 2º da ESO visitou Vilanova dos Infantes, a capela de San Miguel, compartiu lecturas, asistiu a un concerto e gozou das vistas dende Castromao.
Un día do máis completo.


















luns, maio 20

MOMIFICANDO

A semana pasada os alumnos de 1º da ESO experimentamos o proceso de momificación exipcio cunha vítima un tanto especial, un polo pasado de data.
Para iso, contestando un xogo de pistas sobre o traballado na aula, eliximos aos sacerdotes e sacerdotisas de Atón que, en cada clase, practicarían o proceso de conservación dos corpos.
En primeiro lugar presentamos ante os nosos deuses (Horus e Osiris) o material necesario en versión caseira: os aceites esenciais foron substituídos por aceite de bebé, as herbas aromáticas por romeu, tomiño e loureiro caseiro, e o natrón elaborado con sal e bicarbonato sódico.
Despois pasamos á acción: masaxeamos o corpo, enchémolo de herbas aromáticas e natrón, cubrímolo de natrón e envolvémolo en vendas remolladas en aceites esenciais. Así, pasará os vindeiros días ata o remate de curso, cando volveremos sobre o seu sarcófago para comprobar a súa perda de peso, o seu cambio de cor, e o seu cheiro.
Nada como aprender coa práctica!











mércores, maio 15

PROXECTO ANTÓN FRAGUAS 2019. LETRAS GALEGAS


Este ano para conmemorar o Día das Letras Galegas e coñecer ao autor homenaxeado, dende a materia de LGL fixemos un proxecto co alumnado de 1º ESO.
O Proxecto tivo varias fases. Reproduzo embaixo o guión tal como foi entregado aos alumnos nunha ficha.
  1. Selecciona un obxecto que teñas na casa: aparello de labranza, utensilio de cociña, peza de ropa, utensilio de traballos de viño, de pesca...
  2. Faille unha foto. Entregarédesma nun lapis. Data límite de entrega : 26 de abril.
  3. Elaboración dunha ficha na que se recollerá a seguinte información: descrición do obxecto, función do obxecto, propietario e usuario desta peza.
Esta ficha farémola na aula durante a semana do 29  de abril ao 3 de Maio.
Montaremos nunha cartolina a foto e a ficha, para facer unha pequena exposición que homenaxeará a Antón Fraguas.
Nas imaxes podemos comprobar o resultado da tarefa. Para alén de traballarmos contidos curriculares como pode ser a definición, tratei de espertar nos alumnos unha actitude de respecto e valoración cara obxectos que noutrora usaban os seus avós, nais..e que falan do pasado. Sabemos que a rapazada está moi instalada no presente e máis predisposta cara ao para o futuro, mais virarse cara o pasado convertiráos en persoas máis completas.
Non quero rematar sen destacar a importancia de celebracións como esta, pois poñen en valor a persoas destacadas da nosa cultura e axúdannos a achegarnos á súa obra e vida. Este ano temos a oportunidade de achegarnos a Antón Fraguas, un home que tanto fixo por estudar o patrimonio material e inmaterial da cultura galega.





 
QUE VIVAN AS LETRAS GALEGAS !!!!

sábado, maio 11

LETRAS GALEGAS, 2019

Antonio Fraguas foi o autor elixido pola Real Academia Galega para dedicarlle o Día das Letras 2019.
Hai moitas maneras de achegarse a el, aquí só algunhas:
  • As exposicións que difunde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, nas que se fai un percorrido polos momentos máis significativos da autora. Contan coas guías respectivas, para Primaria e para Secundaria.
  • O marcapáxinas deseñado por Dinamización Lingüística que se entregará co préstamo na biblioteca.
  • Primavera das Letras.
  • O portal da lingua galega.
  • Seminario Galán.
  • Una liña do tempo deseñada polo equipo da biblioteca do IES Sampaio.

  • Entrevista a Fraguas en "Galicia aberta".

  • Telexornal sobre Antonio Fraguas realizado no CPI dos Dices-Rois.

xoves, maio 9

CONCURSO "ESTES TAMÉN FORON NENOS?"

En paralelo á exposición polo día do libro, organizamos un concurso no que deberán identificar que profesor está en cada foto.
Non parece tan dificíl, ou si?

EXPOSICIÓN "A ESCOLA NON SEMPRE FOI ASÍ"

Xa podemos pasar pola exposición organizada polo día do libro. Estará ata fin de curso e conta cunha guía para percorrela.
A visitala!!!!