Amosando publicacións coa etiqueta Mes biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mes biblioteca. Amosar todas as publicacións

02 outubro 2019

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Calendario do Libro e da Lectura 2019, sinala o 24 de outubro como o día das bibliotecas.
E nós queremos celebralo co concurso "15 retos para outubro", no que pedimos localicedes, na biblioteca, 15 libros cunhas características moi especiais.
Pedide na biblioteca a ficha de participación e entregádea antes do 31 de outubro.
Que a busca sexa grata.

01 outubro 2019

OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR


A Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar (IASL) aprobou, en decembro de 2007, que durante o mes de outubro de cada ano se celebre o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. O lema deste ano 2017 é “"Conectando Comunidades e Culturas".
Dende a nosa Biblioteca, non encontramos mellor forma de unirnos a este lema, que recomendar Rutas de lectura, unha guía para traballar a lectura compartida. É un material gratuíto e descargable en pdf, que forma parte dun proxecto máis amplo no que participan todos os sectores do mundo do libro: educación, familias, librerías, bibliotecas, editoriais…

26 outubro 2017

BUSCA DO TESOURO

Os nenos/as do Cpi a Cañiza están disfrutando moito ca Busca do Tesouro na biblioteca de primaria









A NOSA MASCOTA PANDORE  REGALOULLES A TODOS OS NENOS/AS UNHA PEGATINA
E O SEU CARNE .


16 outubro 2017

CHEGAN OS PIRATAS Á CAÑIZA!

Desde a biblio de Infantil e Primaria, o profesorado colaborador da mesma organizou con motivo do mes da Biblioteca unhas xornadas motivadoras para todo o alumnado que terán lugar ao longo desta semana e nas que se informará sobre o funcionamento, normas, recursos dispoñibles... a través do xogo da busca do tesouro. 

13 novembro 2016

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

SEMANA DO 14 DE NOVEMBRO
"Historia dos expedientes secretos, 5"
Supoñemos que xa sabedes de que cidade se trata e onde se atopa o cadro roubado: pero, queda algo máis: buscade a dirección do lugar no que se esconde a obra roubada e entregádea na biblioteca.

06 novembro 2016

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

SEMANA DO 7 DE NOVEMBRO
"Historia dos expedientes secretos, 4"
Xa se vai desvelando o misterio. Coñecemos o autor e a obra roubada, pero o traballo continúa, pois descoñecemos o lugar no que agora se esconde.
A semana pasada chegounos un pequeno paquete cunha gravación das cámaras do Museo. Trátase dunha conversa na que interveñen persoas en distintos idiomas: inglés, francés e galego.
A misión para esta ocasión é a seguinte: buscar as palabras que non comprendemos e traducilas.

-Segundo ordes recibidas do noso boss, o lugar no que se esconde o material do robbery está lonxe do Museum.
-Debemos connaître a forma máis rapide e sûre de le trouver.
-Eu teño as instructions para saber como chegar; trátase dunha city of the North, tamén se chama a cidade olívica e ten unha square na que oshorses se elevan sobre unha source coma se voasen.
-¿Alí mesmo se atopa o tableau?
-Si, secret in the FRAME

(Pedide a ficha na biblioteca e entregádea unha vez cuberta)

30 outubro 2016

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

SEMANA DO 31 DE OUTUBRO
"Historia dos expedientes secretos, 3"
Descifrade a mensaxe que se agocha nos datos mesturados do correo electrónico.


  • Libro:
  • Autor:
  • Obra:
(Pedide a ficha na biblioteca ou descargádea aquí. Entregádea unha vez cuberta)

25 outubro 2016

23 outubro 2016

CONCURSO: DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

S.O.S. Onde está a miña casa?
Con motivo da conmemoración do día das bibliotecas (24 de outubro), os habitantes da nosa celebraron a súa festa particular e, algún deles, despistado entre tanta troula, non soubo volver ao seu andel.
Axúdaos a regresar á súa vivenda-libro! Como?
  • Busca na Biblioteca os libros aos que pertencen, nalgún deles dámosche pistas e, se segues tendo dúbidas, podes pedir axuda aos profesores, botaranche unha man.
  • Anota o autor, o título e os datos que aparecen na etiqueta do lombo do libro.
  • Cobre a ficha que atoparás na Biblioteca e entrégaa alí.
  Animádevos a participar!

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

SEMANA DO 24 DE OUTUBRO
“Historia dos expedientes secretos 2”

Tras un exhaustivo rastrexo, C.O.S.T.A atopou unhas anotacións bastante estrañas que están estreitamente relacionadas coa Clasificación Decimal Universal (C.D.U.), sistema utilizado nas bibliotecas para a clasificación e ordenación dos materiais, por iso nos piden axuda. Descubride a mensaxe secreta combinando números, letras, a C.D.U e a vosa capacidade de investigación. 

  • Museo de (7)____________ Raíña Sofía 
  • Colección de (75) _________________ 
  • Rúa Santa Isabel, nº (Medio ambiente + Relixión)___________, Madrid 
  • Colección (Literatura - Linguas) ________ 
  • Planta (Física - Matemáticas) ___________ 
  • Sala ( Música + Bioloxía + Debuxo - Ciencias Sociais) ______________ 

(Pedide a ficha na biblioteca ou descargádea aquí. Entregádea unha vez cuberta)

16 outubro 2016

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Calendario do Libro e da Lectura 2016, sinala o 24 de outubro como o día das bibliotecas.
E nós queremos celebralo co concurso "Historia dos expedientes secretos" que iremos desenvolvendo durante varias semanas.
COMEZAMOS
Á volta das vacacións de verán, o equipo responsable da biblioteca recibiu unha nota do Comité Superior de Temas Anormais (C.O.S.T.A.), na que se cursaba a orde de elaborar un dossier de información, imprescindible para un dos roubos máis complicados que está investigando. 
Estamos ante un problema moi serio, alguén está en apuros e por iso precisamos a vosa axuda.
Por diante tedes cinco expedientes que debedes resolver. Iranse colgando semanalmente nas portas e no blog da biblioteca.
¡Ánimo!
SEMANA DO 17 DE OUTUBRO: Expediente 1
O primeiro paso será coñecer o espazo onde se levará a cabo a resolución das probas e o tipo de materiais que se poden utilizar.
A vosa misión será a seguinte: situar no plano o nome das distintas seccións onde están colocados os materiais. 
(Pedide a ficha na biblioteca ou descargádea aquí. Entregádea unha vez cuberta)

10 outubro 2013

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR


Con esta ilustración de Patricia Castelao, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica cada ano uns carteis divulgativos para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e participar da celebración do mes da biblioteca escolar que propón a IASL (Internatioanl Association of School Librarianship).
No contexto das actuacións do PLAN LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) o lema elixido para este curso: LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia.

08 outubro 2012

OUTUBRO: MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR


A Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar (IASL) aprobou, en decembro de 2007, que durante o mes de outubro de cada ano se celebre o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. O lema deste ano 2012 é “Bibliotecas escolares: unha clave para o pasado, presente e futuro”. 
Dende a nosa Biblioteca, non encontramos mellor forma de unirnos a este lema, que recomendar estas interesantes páxinas: