Amosando publicacións coa etiqueta Humor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Humor. Amosar todas as publicacións

04 decembro 2016

29 setembro 2014

PARABÉNS MAFALDA

Hoxe, 29 de setembro, Mafalda cumpre 50 anos. Cal será o mellor agasallo? Unha cunca de sopa?
E aquí a homenaxe que, a ela e a Quino, lle fai o debuxante Luís Davila coa súa "Mafaldora desbrosadora".

04 abril 2013

HUMOR

Les Luthiers é un grupo arxentino que utiliza a música como un elemento fundamental das súas actuacións, con instrumentos informais creados a partir de materiais da vida cotiá. Desta característica provén o seu nome: luthier, que en francés significa "creador de instrumentos musicais".
No seguinte vídeo xogan coa destreza lectora para xerar humor.

22 marzo 2013

CON HUMOR

Despois desta segunda avaliación... Algún terá que poñerse a estudar así?
Ilustración de Pawla Kucynskiego

07 marzo 2013

LINGUA CON HUMOR

Juan Andrés e Nicolás Ospina, músicos colombianos, ponlle música e humor ás dificultades que entraña coñecer unha lingua con todas as súas variantes.
Percorren os distintos significados de palabras como 'chucho' ou 'fresa' en Colombia, México, España ou Cuba e as confusións que a polisemia pode xerar.