Amosando publicacións coa etiqueta Saúde. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saúde. Amosar todas as publicacións

19 setembro 2025

II XORNADA DE SAÚDE

Hoxe, recibimos aos compañeiros do Servixo de Atención Primaria (SAP) da Cañiza, para fomentar hábitos saudables entre o alumnado.

Nesta segunda edición, os obradoiros práticos trataron sobre alimentación, prevención do tabaquismo e resucitación cardiopulmonar (RCP).

Agardamos repetir!!!

Para máis fotos, pincha na imaxe

11 maio 2020

123 PREGUNTAS SOBRE O CORONAVIRUS

Marián García, máis coñecida como  Boticaria García, e a xornalista Arantxa Castaño sumaron forzas e editaron unha guía dando resposta a un total de 123 preguntas frecuentes sobre o  COVID-19, nun libro en formato de libre descarga para todo aquel que queira facerse con el.

05 marzo 2020

FROITA NA ESCOLA


De novo participamos no “Programa escolar de consumo de froita e leite nas escolas” que reparte froita aos alumnos durante os recreos. 

07 abril 2019

AZUCRE, O DOCE VELENO

Os alumnos de 2º, de Hábitos Saudables, analizaron o azucre que esconden algúns dos produtos que máis consumimos.
Interesa deterse un pouco a comprobar como sobrepasamos, ás veces sen sabelo, as recomendacións da OMS.












23 novembro 2018

SOBRE TABAQUISMO

O alumnado de 2º da ESO participou, esta semana, nas charlas dirixidas por alumnas de Traballo Social, que buscan diminuír o consumo de tabaco entre os adolescentes.






10 abril 2013

XOGANDO COA PIRÁMIDE ALIMENTICIA

O Goberno de Canarias conta cun recurso para Primaria: Juega y aprende con la pirámide alimenticia no que, despois dunhas nocións básicas, hai un xogo no que teremos que ser capaces de colocar cada alimento no seu lugar axeitado.