sábado, marzo 31

OS DE 3º EN QUIROGA

Os alumnos de 3º, acompañados de Manuel (Lingua Galega) e Anxo e Javier Barba (Educación Física), acudiron, da man do Proxecto Terra, á Serra do Courel; un espazo natural con características xeolóxicas, botánicas, da fauna, arqueolóxicas ou etnográficas únicas.
Co que non contaban era coa neve, que mudou a paisaxe de xeito máxico. 
EXCURSIÓN A QUIROGA on PhotoPeach

xoves, marzo 22

Visita de Ramón Caride no Día da Poesía

O autor Ramón Caride estivo con nós falando das súas experiencias cos nen@s de 4º, 5º e 6º de primaria, que puideron coñecer así de primeira man o proceso de escritura dun libro. Faloulles da súa obra, das motivacións que lle levaron a facerse escritor e resolveu todas as dúbidas que xurdiron, finalizando cun xogo a partir das poesías de Cabanillas recollidas por el nun dos seus últimos libros.
O noso agradecemento por compartir este día con nós.
Hai que sinalar que esta visita foi organizada polo Equipo de biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística.










Moi amablemente adicounos os exemplares dos seus libros dispoñibles na biblioteca 

mércores, marzo 21

DÍA DA POESÍA 21 DE MARZO-BIBLIOTECA PRIMARIA




Con motivo do DIA MUNDIAL DA POESÍA 21 DE MARZO 2018, no cole decidimos inundar de poesía as rúas da Cañiza ( nos establecementos).
Esperamos que a tod@s vos gusten estas fermosas palabras que os nen@s dende infantil ata sexto de primaria fixeron con moita ilusión.
O NOSO AGRADECEMENTO Á ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DA CAÑIZA POLA SÚA COLABORACIÓN.





MOITAS GRACIAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN.


luns, marzo 19

CONTACONTOS NA BIBLIO DE PRIMARIA

HOXE ESTIVO NO NOSO COLE IAGO

Contounos o conto de" Axente Riciños":

Como sempre, os nen@s , divertironse moito, participaron e "meteronse dentro do conto", gracias o maravilloso traballo do noso Amigo Iago, un dos mellores contacontos.







QUE BEN O PASAMOS!!!!!!


QUE DIVERTIDO!!!!

martes, marzo 13

15 DE MARZO. DÍA DO CONSUMO RESPONSABLE

O 15 de marzo de 1963, o presidente de USA, John F. Kennedy, pronunciou un discurso ante o Congreso dese país no que incidiu en catro dereitos básicos dos consumidores:
  • Dereito a produtos e servizos seguros.
  • Dereito a ser informado.
  • Dereito a elixir.
  • Dereito a ser escoitado.
Algúns años máis tarde, no 1983, o movemento de consumidores comezou a celebrar cada 15 de marzo o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor para aumentar a conciencia mundial e, aos catro dereitos mencionados, engadiron outros catro:

  • Dereito á satisfacción de necesidades básicas.
  • Dereito a ser compensado/a.
  • Dereito á educación.
  • Dereito a un medio ambiente san.
    Aproveitando a data propoñemos:

    • Analizar a publicidade comparándoa coa que se facía antes.



    • Concienciar coa axuda do vídeo.

    DÍA DA MULLER, 2018

    Tamén na titoría de 3º A
    David Trancoso, Adrián Fernández e Aarón Giráldez

    Raúl Parada, Yésica Da Cuña e Ángela Alejandro
    Iria Alonso, Rubén Gómez, Xiana Pérez e Ana B Souto
    Cristina Esteves, Christopher Costa e Estela Pardellas
    Adán Estévez, Bruno Rodríguez e Roxelio Vello

    sábado, marzo 10

    DÍA DA MULLER, 2018

    En 4º A


    Nerea Domínguez e Andrea Franco

    Sergio López e Sergio Rodríguez - Madre Teresa

    Wenjing Cheng e Uxía Fariña Da Silva - Helen Keller

    Jénnifer Domínguez e Andrea López - Ana Frank


    Andrea Teiga e Verónica Machado - Mulleres iberoamericanas

    Pilar Limeres e Sheila Fernández - Coco Chanel

    Uxía Pérez e Érika Fernández - Malala
    Lucía Afonso e Claudia Pérez - Irena Sendler

    Alejandra Domínguez e Andrea Fernández - Malala

    DÍA MULLER, 2018

    EN 4º B

    Noemi Fernández e Ana Rodríguez - Deportistas olímpicas


    Noelia Díaz e Gonzalo Rodríguez - Las sinsombrero



    Nerea Montero e Mª José Rodríguez - Mulleres da cultura galega.

    Álvaro Da Cruz e Nicolás Rocha - Rosa Parks

    Eva Puza e Laura Fernández - Jane Goodall

    Emma Pérez e Vera Riveiro - Simone Biles

    Iolanda Gil e Adrián Gómez - Coco Chanel

    DÍA MULLER, 2018

    O alumnado de 1º A tamén puxo o seu gran de area. Aquí temos algunha das presentacións elaboradas para Lingua Castelá.




    venres, marzo 9

    DÍA DA MULLER, 2018

    Tamén en Valores éticos, os alumnos de 1º A, Brais Ferreiro e Manuel Martínez Camacho, experimentaron coas imaxes multimedia para o 8 de marzo.

    xoves, marzo 8

    FOLGA FEMINISTA, 8 MARZO

    As profesoras do equipo da biblioteca secundan a folga, polo que este espazo permanecerá pechado.