14 de abr. de 2025

CANTARES DE PRIMAVERA, 2025

Non puidemos despedir o trimestre coas actividades deportivas (cancelamos polas previsións meteorolóxicas, que ao final non se cumpriron), pero si co concerto de primavera que Ruta (profesora de música) organiza co coro e con alumnos de 2º.

Houbo canto, pero tamén baile. Entrade na galería.

7 de abr. de 2025

CHARLAS CULTURAIS EN INGLÉS

Hoxe, día 7 de abril, o irlandés Johnny Flynn (da editorial Burlington Books) achegouse á Cañiza para dar dúas charlas culturais. 

Mentres a rapazada de 2 da ESO aprendeu sobre diferentes aspectos do Reino Unido, a de 1 da ESO fixo o propio sobre os Estados Unidos. 

Dun xeito ameno, o relator fixo varias preguntas e repartiu algún premio!! 

Esperamos ver a Johnny o ano próximo!

DESPEDIDA TRIMESTRE

SUSPENDIDA POLA CLIMATOLOXÍA

1 de abr. de 2025

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Visitamos coas titorías a aula específica do centro; ao concienciar, construiremos un mundo máis inclusivo. Galería

Para saber máis:
  • Olga Lalín e Seso Durán, pais de Manuel, un pequeno de seis anos que ten autismo, publican un vídeo para darlle visibilidade a este trastorno. Piden, ademais, a súa difusión. Aquí o tedes.

29 de mar. de 2025

CAMBIO DE HORA

Esta noite non esquezades.
Este costume de atrasar o reloxo en inverno e adiantalo en verán empezouse a usar de forma xeneralizada en 1974 tras a primeira crise do petróleo. O obxectivo era poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir menos electricidade.
O cambio supón un aforro potencial estimado de enerxía que podería alcanzar o 5%, ao redor de 300 millóns de euros, segundo estimacións do Instituto de Diversificación para o Aforro Enerxético (IDAE).
Non obstante, non todo o mundo está de acordo con este cambio de hora. A Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois (ARHOE), insiste na importancia de non efectuar este cambio para "estar en harmonía coa luz solar".
Esta medida non só se adopta en España, senón que se leva a cabo nuns 70 países en todo o mundo; en concreto, todos os países de Europa, América do Sur, África, algunhas zonas de Estados Unidos e Canadá. É Xapón o único país industrializado que non se adaptou a esta normativa.

25 de mar. de 2025

PRIMAVERA DAS LETRAS, 2025

Xa está dispoñible na páxina web de Primavera das Letras o texto teatral As Ferreñas (en vivo e en directo). Trátase dunha obra de Paula Carballeira dirixida ao público máis novo, co gallo do Día das Letras Galegas, que lles dedica ás cantareiras e á poesía popular oral.
Na mesma páxina están tamén dispoñibles as primeiras actividades interactivas, fichas para colorear e os deseños das chapas e marcapáxinas das cantareiras que creou a ilustradora.

DÍA DAS ARTES GALEGAS, 2025

24 de mar. de 2025

27 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO TEATRO

 

O día 27 de marzo celébrase, dende o 1961, o Día Mundial do Teatro, por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI).
Un dos actos máis representativos é a circulación da Mensaxe Internacional, tradicionalmente escrita por unha personalidade de prestixio. O elixido este ano é o recoñecido Theodoros Terzopoulos.
Algúns recursos e páxinas de interese para desenvolver o tema nas aulas:

17 de mar. de 2025

CASTELAO

O alumnado de 4ºESO A púxose creativo e, coa obra “Cousas da vida” servindo de modelo, realizaron nove láminas ao máis puro estilo Castelao.
Nelas, tentando manter a crítica social e ironía que caracterizaban ao autor, centráronse en tres grandes temas: políticos, vellos e mulleres.
Achegádevos a velas para ver se o conseguiron!

13 de mar. de 2025

15 DE MARZO, DÍA DO CONSUMO RESPONSABLE


O 15 de marzo de 1963, o presidente de EE.UU., John F. Kennedy, pronunciou un discurso ante o Congreso dese país no que se referiu aos dereitos dos consumidores. Algúns anos máis tarde, o movemento de consumidores comezou a celebrar cada 15 de marzo o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor para aumentar a conciencia mundial sobre estes dereitos.
Podemos analizar a nosa actitude ante o consumo e a forza da publicidade despois de ver algún destes vídeos.




Spot publicitario de Dove que provocou unha resposta de Greenpeace na que denunciaban a deforestación do Sudeste de Asia para plantacións de aceite de palma.
Máis materiais en Datos e datas, Igualdade Vigo

11 de mar. de 2025

DÍA DO NÚMERO PI

Dende o 2009 celebramos o 14 de marzo o día de Pi, data que o Congreso de EEUU elixiu para homenaxear a este número irracional, con intención de promover as matemáticas e as ciencias na educación. Os parlamentarios escolleron ese día porque a súa escritura en inglés (3/14) coincide co valor da ilustre constante.
Máis curiosidades do número pi...
E a celebración do IES MUGARDOS neste día

6 de mar. de 2025

8M, 2025

Coa nosa camiseta, personalizada coa creación de Elisabeth Alonso Alonso, de 3ºA, celebraremos o día.

24 de feb. de 2025

O NOSO MUSEO

 En Secundaria, traballadores e alumnado crean unha exposición ben particular.
A entroidar!!!!!

21 de feb. de 2025

LINGUA VITAL XA!

A plataforma Queremos Galego, apoiada por máis de 600 colectivos, convocou para o domingo 23, no día de Rosalía, unha marcha para esixir medidas urxentes en defensa do galego.

Dende esta biblioteca tamén nos sumamos a esa mobilización social.

ORGULLO GALEGO

Convidados por Dinamización Lingüística, os de Orgullo Galego visitáronnos para  transmitir, ao alumnado de 4º da ESO, o valor da nosa lingua, cultura, historia e tradicións. Neste caso, ao estar tan preto, o tema foi o Entroido.

ENTROIDO 2025


17 de feb. de 2025

DÍA DE ROSALÍA, 2025

A profe Mercedes Orbaneja é a creadora deste recurso. Conta tamén con materiais para imprimir.

DÍA DE ROSALÍA, 2025

O Día de Rosalía de Castro pasou a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data de nacemento da poeta.

A Xunta de Galicia e as institucións vencelladas á autora deciden cambiar a efeméride tras a aparición de nova documentación que desvela a súa data real.

RECURSOS PARA CONMEMORAR O DÍA AQUÍ

12 de feb. de 2025

SAN VALENTÍN

Realizado no 2022 polo alumnado da que, naquel momento,
era a profesora de Plástica, Tania

No 14 de febreiro, moito amor para todos con recomendacións lectoras e recursos.

11 de feb. de 2025

PROFESOR E NOVELISTA

Que farías se, de repente, unha serie de catástrofes naturais botan abaixo o mundo tal e como o coñecemos? 
Marco e mais a súa familia afrontarán unha fugaz fuxida, cara ás montañas do Courel, na procura de acubillo. Esta carreira conduciraos a un lugar completamente insospeitable. O novo escenario que se abre ante eles amosaralles unha realidade diametralmente distinta á que coñecen, e fará que se enfronten a misterios que, ata agora, agardaban ocultos nas profundidades...

Temos a sorte de contar co seu autor, Guillelme Denís Castillocomo compañeiro. Pedide o libro na biblio, estavos agardando.

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADITIVAS

10 de feb. de 2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


Para o 11F, os departamentos de Ciencias programamos a película Madame Curie e, ao traballar a UD sobre a peli, reflexionaremos sobre o papel das mulleres no mundo da Ciencia.
Cos xogos de Polos Creativos, tamén podemos coñecer científicas que fixeron historia.

ENTROIDO, 2025

Repostería Póster de MEPP

ENTROIDO, 2025

Xa empezou a decoración. Alumnos de 1º e 3º deixan a súa pegada.

8 de feb. de 2025

CLUB DE CÓMIC

Non sei se sabedes que, xunto co club de lectura, temos un club de cómic, ben activo todos os recreos da semana, na aula de Plástica con Ángel.

Empezamos a ver as súas producións.

1 de feb. de 2025

QUERES UNHA?

Este ano, para o 8M, teremos a nosa camiseta personalizada. En fondo branco ou negro, levará a creación gañadora no 25N; a da alumna Elisabeth Alonso Alonso, de 3ºA.
Vestirémola todos cando celebremos o día.
Se queres a túa, só tes que solicitarlla aos titores antes do 7 de febreiro. O prezo, que dependerá do número de camisetas encargadas, non será maior de 8,00 €.
Animádevos!!!!

Simulación

31 de xan. de 2025

CARREIRA SOLIDARIA, 2025

Adiada polo clima, celebramos hoxe, día 31, a carreira solidaria para conmemorar o día da paz.
Con ela realizamos, tamén, unha recollida de alimentos no centro.

30 de xan. de 2025

DÍA DA PAZ, 2025

Ademais do traballo en titorías, vivimos o día cantando no patio "Solo le pido a dios".


9 de xan. de 2025

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Ilustración de David Guirao
O vindeiro 30 de Xaneiro celebramos o día escolar pola paz, no aniversario da morte de Gandhi (30 de Xaneiro de 1948).
Aproveitaremos a data para fomentar a cultura da paz con murais con creacións do noso alumnado, seleccións bibliográficas, marcapáxinas co préstamo, proxeccións...
E este pode ser un bo punto de partida que nos faga reflexionar.

7 de xan. de 2025

2025, ANO CASTELAO

A Xunta declara ‘Ano Castelao’ o 2025 con motivo de da celebración do 75 aniversario do seu pasamento.

Así se decidiu no Consello da Xunta, celebrado o 27 de decembro, onde se aprobou a declaración institucional, na que se erixe a Daniel Alfonso Rodríguez Castelao como “un dos persoeiros máis coñecidos e recoñecidos por todos os galegos e galegas” que é capaz de “convocar sempre e unir a todos”. Por iso, ponse en valor que o pobo galego lle teña outorgado “a máxima estima e o teña escollido como un dos seus símbolos”.

No lateral dereito deste blog, premendo na imaxe institucional do Ano Castelao 2025, levaranos a unha páxina na que iremos cargando contidos e recursos para enxalzar as importantes achegas do intelectual galeguista, tanto no eido da política como no da cultura.