Hoxe celebramos o Samaín cun concurso de retos terroríficos, que incluía un túnel do terror. Moitos viñemos disfrazados de xeito máis ou menos "arrepiante".
Picade na foto para entrar na galería.
Estes días recibimos un agasallo; esta orixinal creación do equipo de Polos Creativos. Con ela recordamos a festa das letras pasadas e ansiamos repetila. Estamos dispostas!
O escritor Paco Cerdà foi elixido Premio Nacional de Narrativa 2025, pola súa obra Presentes, editada por Alfaguara.
A X Edición celébrase este ano baixo o lema "1975: Escribide, compañeiras!l".
"As escritoras activas ao redor de 1975 reflicten en moitas das súas obras o desexo dun cambio profundo e radical nas vidas das mulleres, denuncian a falta de liberdade e de autonomía, dan testemuño do que ocorre fóra de España, esixen unha nova orde amorosa e un cambio nas leis que as veu marxinando durante o franquismo".
O escritor húngaro László Krasznahorkai recibiu o premio Nobel de Literatura 2025, grazas a novelas como "Tango Satánico", "La melancolía de la resistencia" ou "Herscht 07769", unha das súas últimas obras.
Aquí un titorial
Os de Muchachada lectora xa están organizados.
Se algún se despistou aínda está a tempo. Preguntade na biblioteca ou a calquera profe, se estades interesados.