02 novembro 2014

SAMAÍN 2014

En Infantil e Primaria celebramos o Samaín cunha exposición de cabazas artisticamente decoradas.
Haberá un gañador por ciclo; quen será o artista?
Mirade que ben quedaron.
SAMAÍN 2014 on PhotoPeach

21 outubro 2014

PREMIO IBEROAMERICANO SM DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

O galardoado, Ivar Da Coll, é un dos representantes máis sobresaíntes da literatura infantil colombiana. As súas obras realízaas en formato de libro-álbum, onde as imaxes xogan un rol crucial no desenvolvemento da historia. As temáticas abordadas nestes contos son pequenas anécdotas da vida cotiá os cales achegan o neno á súa literatura.
Ademais, o xurado decidiu outorgar un recoñecemento especial á autora cubana Nersys Felipe por "a súa destacada traxectoria, polo seu protagonismo na renovación da literatura infantil iberoamericana, pola beleza e o uso poético da linguaxe e polo humanismo e a universalidade das súas obras".

PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN 2014

O ilustrador santanderino José Ramón Sánchez foi galardoado hoxe co Premio Nacional de Ilustración por "a súa traxectoria, a súa influencia en varias xeracións de ilustradores e o seu esforzo polo recoñecemento da profesión".

PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DAS LETRAS 2014

O 24 de outubro, no teatro Campoamor (Oviedo), terá lugar a cerimonia de entrega dos Premios Príncipe de Asturias 2014.
Dende xuño coñecemos xa ao premiado no ámbito das letras, o escritor irlandés John Banville, de 68 anos.
O xurado destacou a súa "intelixente, fonda e orixinal creación novelesca, e ao seu outro eu, Benjamin Black, autor de turbadoras e críticas novelas policíacas,". A acta do xurado conclúe dicindo: "Cada creación súa atrae e deleita pola mestría no desenvolvemento da trama e no dominio dos rexistros e matices expresivos, e pola súa reflexión sobre os segredos do corazón humano".

17 outubro 2014

PREMIO PLANETA DE NOVELA 2014

Un ano máis Barcelona viviu unha gran noite literaria coa tradicional cea que anuncia o gañador e finalista da 62 edición dos Premios Planeta.
Dos 453 exemplares presentados, o xurado seleccionou aos 10 candidatos. E, desta selección, saíron:
A gañador: Jorge Zepeda Patterson con Milena o el fémur más bello del mundo.
A finalista: Pilar Eyre con Mi color favorito es verte.

16 outubro 2014

DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA PROBREZA

«Non deixar a ninguén atrás: pensar, decidir e actuar xuntos contra a pobreza extrema» Lema deste ano
O 17 de outubro de 1987, máis de 100 mil persoas congregáronse en Trocadero, París, para recordar que en 1948 se asinara a Declaración Universal de Dereitos Humanos, e tamén para render homenaxe ás vítimas da pobreza extrema, a violencia e a fame.
Dende entón, o 17 de outubro de cada ano, o mundo mostrar a súa solidariedade cos pobres.
Segundo estimacións da ONU e o Banco Mundial, ao redor de 1000 millóns de persoas vivirán na pobreza extrema no 2015 en todo o planeta; polo que a movilización e a protesta contra esta inxustiza debe ser firme e continuada.