17 maio 2014
14 maio 2014
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014, XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Para conmemorar o día presentamos as exposicións que difunde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, nas que se fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía de Díaz Pardo.
Tamén recomendamos esta peza audiovisual dirixida por Xulio Xiz, é unha viaxe pola vida e a obra de Xosé María Díaz Castro que ten o valor engadido de facerse da man do propio poeta, co que visitamos os lugares onde transcorreron a súa infancia e mocidade e onde el mesmo nos recita os seus textos máis significativos. No documental tamén se fai referencia ao feito de que Díaz Castro chegase a dominar case todas as linguas de Europa, feito que pode poñerse en paralelo con esa escolla do idioma da súa infancia para a súa produción literaria máis significativa.
- Historia do día das Letras
- Homenaxedos
- Xosé María Díaz Castro: Biografía e obra
- Materiais divulgativos da Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Pasapalabra do CEIP A Ponte de Lugo.
- Prezzi: Mª José Martínez Paz, alumna de 2º de Bacharelato do IES de Curtis, elaborou esta excelente presentación que, a través de fotografías e outras ilustracións, vai facendo un percorrido polos momentos máis representativos da biografía de Díaz Castro.
- Penélope: pequena curta que recrea o poema “Penélope” de Xosé María Díaz Castro mediante a mestura das voces do alumnado cunha moderna animación manga. Realizada polo IES As Barxas de Moaña.
03 maio 2014
01 maio 2014
30 abril 2014
CELEBRAMOS O MES DO LIBRO ELABORANDO MARCAPÁXINAS
Entre as actividades que fixemos para celebrar o mes do libro en infantil e primaria destaca á de confección de marcapáxinas.
Nestas fotos podedes ver que chulos quedaron!
Nestas fotos podedes ver que chulos quedaron!
26 abril 2014
20 MINUTOS, "HORA DE LER"
Nesta semana do libro, queremos celebrar a nosa "hora de ler" cun vídeo promocional que alumnos de 1º fixeron con Xabier (profesor de Lingua Galega e do equipo de biblioteca).
Dende o curso 2010-2011 e co obxectivo de crear ambientes lectores, empezamos con este tempo de vinte minutos diarios de lectura libre e silenciosa en horario lectivo.
Despois de tres anos, é unha actividade tan asumida e consolidada que xa nin nos cuestionamos, e que reporta uns beneficios incalculables na adquisición das competencias do noso alumnado.
25 abril 2014
OS 40 PRINCIPAIS EN GALEGO
En datas recentes, desde a Asesoría de bibliotecas escolares solicitáronnos aos centros PLAMBE a relación de títulos galegos que se incluían nos itinerarios lectores (é dicir, os libros de lectura recomendada desde os departamentos para o presente curso escolar).
Das respostas recibidas seleccionaron os "40 principais"; os 40 libros galegos que máis se repetían.
18 abril 2014
ABRIL, MES DOS LIBROS
- 2 de abril: Día Internacional do libro Infantil, data na que se lembra o nacemento de Hans Christian Andersen.
- 23 de abril: Día Internacional do Libro e os Dereitos de Autor.
E nós celebrámolo con actividades que iremos desenvolvendo ata finais de maio:
- Aproveitando a "DRAGALIZACIÓN" que levaron a cabo os alumnos de 1º, realizaremos unha exposición sobre iteratura fantástica que se poderá ver no vestíbulo. Aquí a guía didáctica para a súa visita.
- Concurso na biblioteca de ESO no que deberedes identificar os autores que se agochan tralas caricaturas. Tamén ofrecemos pistas para facelo.
- Visionado do programa "Días de cine" de TVE celebraron o día do libro do 2013 cunha reportaxe con escenas de películas nas que aparecen os libros e a lectura.
- Adiviña quen son, (CEIP Andrade)
- Actividade LIM sobre Hans Christian Andersen, (CEIP Mestres Goldar)
- Webquest para 2º e 3º ciclo de Primaria, (Ceip Los Campanales)
17 abril 2014
GABO, IN MEMORIAM
O escritor colombiano Gabriel García Márquez morreu en México aos 87 anos. Foi Premio Nobel en 1982 e da súa obra, tan extensa como destacada, podemos salientar como as máis celebradas e coñecidas: La hojarasca, Cien años de soledad, El coronel no tiene quien le escriba, El otoño del patriarca, El amor en los tiempos del cólera, Crónica de una muerte anunciada, Doce cuentos peregrinos...
A obra de Gabriel García Márquez considérase fundamental para entender a literatura en español do século XX e a súa influencia estendeuse a varias xeracións de escritores rompendo as barreiras propias do idioma.
Algunha das frases e citas cheas de maxia que recollen os seus pensamentos:A obra de Gabriel García Márquez considérase fundamental para entender a literatura en español do século XX e a súa influencia estendeuse a varias xeracións de escritores rompendo as barreiras propias do idioma.
"O deber revolucionario dun escritor é escribir ben."
"Desconcértame tanto pensar que Deus existe, como que non existe."
"No hai medicina que cure o que cura a felicidade."
"Ofrecer amizade ao que busca amor é dar pan ao que se morre de sede."
"O éxito non llo desexo a ninguén. Sucédelle a un o que os alpinistas, que se matan por chegar ao cumio e cando chegan, que fan? Baixar, ou tratar de baixar discretamente, coa maior dignidade posible."
"O máis importante que aprendín a facer despois dos corenta anos foi a dicir non cando é non."
"O único que me doe de morrer, é que non sexa de amor."
"Non creo en Deus, pero téñolle medo."
Achégate á biblioteca e poderás ler os seus libros:
E tamén podedes ver o documental que, de Cien años de soledad, realizou o Ministerio de Cultura de Colombia.
15 abril 2014
LÚA DE SANGUE
Nunha excepcional eclipse que durou 78 minutos, o noso satélite natural pasou da cor marrón ao vermello lume, semellando unha lúa sanguenta.
Posto que en España só os canarios puideron ver o inicio do fenómeno, a CNN ofrécenos un time-lapse co mellor condensado nun minuto:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)