24 outubro 2026

CAMBIO DE HORA

Esta noite non hai que esquecer...
Este costume de atrasar o reloxo en inverno e adiantalo en verán empezouse a usar de forma xeneralizada en 1974 tras a primeira crise do petróleo. O obxectivo era poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir menos electricidade.
O cambio supón un aforro potencial estimado de enerxía que podería alcanzar o 5%, ao redor de 300 millóns de euros, segundo estimacións do Instituto de Diversificación para o Aforro Enerxético (IDAE).
Non obstante, non todo o mundo está de acordo con este cambio de hora. A Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois (ARHOE), insiste na importancia de non efectuar este cambio para "estar en harmonía coa luz solar".
Esta medida non só se adopta en España, senón que se leva a cabo nuns 70 países en todo o mundo; en concreto, todos os países de Europa, América do Sur, África, algunhas zonas de Estados Unidos e Canadá. É Xapón o único país industrializado que non se adaptou a esta normativa.

19 outubro 2026

DÍA DAS ESCRITORAS, 2026

Con este vídeo, realizado por Quelibroleo, recordamos a algunha delas.

DÍA DAS ESCRITORAS, 2026

Hoxe celebramos o Día das Escritoras. Trátase dunha iniciativa organizada por entidades varias (Biblioteca Nacional de España, FEDEPE, Asociación Clásicas e Modernas...) coa que se busca reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, polo que a XI edición celébrase este ano o 19 de outubro baixo o lema "As amigas como forma de liberdade". Nesta 

Nesta ocasión, a celebración rende homenaxe ao centenario do Lyceum Club Feminino, unha institución fundada en Madrid en 1926 que reuniu mulleres intelectuais e creadoras comprometidas coa cultura, a educación e a igualdade.

Entre as escritoras vinculadas a este círculo destacan María Lejárraga, Elena Fortún, Carmen Conde, María Teresa León e Zenobia Camprubí, mulleres que, a través das súas palabras e do seu compromiso, contribuíron a transformar a sociedade do seu tempo.

Escolma de textos en galego

Escolma de textos en castelán

17 outubro 2026

24 OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

 
Cada 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Desde 2019 incorpórase o lema 'Aptas para todos os públicos' que estará presente en todas actividades que se poñan en marcha.
O lema deste ano, “Sen profesionais non hai bibliotecas”, quere poñer no centro ás persoas que fan posible que as bibliotecas sexan moito máis que un simple conxunto de recursos, andeis e espazos.

13 outubro 2026

PREMIO PLANETA, 2026

O Premio Planeta de Novela 2026, que celebra o seu 75 aniversario, recoñeceu o talento de dous autores con traxectorias e estilos moi diferentes: Isabel Allende, unha das escritoras máis recoñecidas da literatura en español, e Sergio Hernández Carrasco, unha nova voz que combina literatura, historia e narrativa gráfica.

Isabel Allende, autora de nacionalidade chilena, é unha das escritoras máis lidas da literatura contemporánea. A súa obra destaca pola forza dos personaxes femininos, a memoria familiar, o amor, a identidade e a historia de América Latina.

Acadou sona internacional coa súa primeira novela, La casa de los espíritus (1982), á que seguiron títulos tan coñecidos como De amor y de sombra, Eva Luna, Paula, Hija de la fortuna e Largo pétalo de mar.

Coa novela La hora antes del alba, gañadora do Premio Planeta 2026, regresa ao universo de La casa de los espíritus para recuperar a historia de Alba Trueba e afondar nas feridas da ditadura, na memoria e na capacidade de reconstruír a propia vida.



O valenciano Sergio Hernández Carrasco, aé escritor, filólogo hispánico e guionista audiovisual. A súa traxectoria abrangue a narrativa, a poesía, a literatura infantil e xuvenil, o cómic e a novela gráfica.

Entre as súas publicacións figuran La última canción de primavera (2019), Backhome (2020), El diari de Laia (2021) e Hysteria (2023).

A súa novela La añoranza, finalista do Premio Planeta 2026, parte da Barcelona de 1959 para construír unha historia de amor, misterio e memoria histórica. A investigación que impulsa o relato conduce ata o exilio de Antonio Machado e os silencios da España franquista. A súa obra reivindica o valor da literatura para recuperar episodios do pasado e comprender mellor a nosa historia. 

11 outubro 2026

PREMIO NOBEL, 2026

O Premio Nobel de Literatura recoñece cada ano a autores e autoras que destacan pola súa contribución á literatura universal. Un galardón que nos invita a descubrir novas voces, explorar outras culturas e gozar do poder das palabras.

Este ano 2026, a escritora canadense Anne Carson foi distinguida co Premio, pola súa obra innovadora, que combina poesía, prosa e tradición clásica para crear novas formas literarias.

Entre as súas obras máis destacadas están Autobiografía de Rojo, La belleza del marido, Nox, Decreación e Eros, el agridulce, nas que explora temas como o amor, a identidade, o desexo e a perda.


30 setembro 2026

INSTAGRAM!

Temos unha novidade que queremos compartir con vós! O cole tamén está en Instagram! Un novo espazo para estar máis preto de toda a comunidade educativa, compartir o que facemos e mantervos ao día das novidades.

Anímate a seguirnos!

28 setembro 2026

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2026

Antonio Rubio e Carmen Queralt, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2026 pola obra Divertimentos: juegos poéticos, publicada por Kalandraka.

Un libro que transforma a poesía nun xogo de palabras, rimas, trabalinguas, haikus e poemas visuais, enriquecido coas ilustracións cheas de dinamismo e imaxinación de Carmen Queralt.