15 maio 2026

LETRAS GALEGAS, 2026

Na biblioteca celebramos o Día das Letras Galegas cun divertido rosco creado polo alumnado, con moito entusiasmo e creatividade.
Estades preparados?

AS LETRAS EN MÚSICA

Anunciamos as Letras cun saúdo musical do alumnado de 3°C que, "entre pitos e frautas" interpreta O son do ar.

13 maio 2026

OS DE 2º EN CELANOVA

Hoxe, o alumnado de 2º da ESO, acompañado polos profesores Diego, Lorena e Ruta, visitou Vilanova dos Infantes e Castro Mao, e asistiu a un concerto didáctico de órgano no mosteiro de San Salvador de Celanova.

Durante a visita, tiveron tamén a oportunidade de cantar e vivir unha experiencia moi especial; os alumnos Lúa, Pablo e Gabriel cumpriron un soño ao poder tocar o órgano.


 

11 maio 2026

UNIDOS POR UN FUTURO MÁIS VERDE

A chuvia non foi convidada, pero tampouco estragou nada. O alumnado do IES de Ribadavia e do CPI da Cañiza chegou a Melón cunha axenda cargada e saíu de alí coa cabeza chea de imaxes, de conversas e desa satisfacción rara que dá facer algo que vale a pena.
A excursión arrancou cunha camiñata polos montes de Quins, onde o rastro do incendio do verán pasado aínda está moi presente. Hectáreas de árbores calcinadas que o alumnado captou coas súas cámaras para o documental audiovisual que están a elaborar conxuntamente sobre os incendios forestais na contorna.
Un dos momentos máis valorados da xornada foi a entrevista cos axentes forestais da zona, que lles explicaron de primeira man as causas, as consecuencias e os traballos de recuperación en marcha. Material de primeiro nivel para o documental.
O alumnado tamén arremangou e puxo mans á obra: plantaron árbores na zona afectada, leron un manifesto en defensa dos bosques e fixeron entrega dunha placa ao alcalde de Melón como recoñecemento ao traballo de recuperación do municipio. Outro dos traballos preparados foi a construción e colocación dunha casiña para paxariños, contribuíndo á recuperación da fauna local nunha zona onde o equilibrio ecolóxico quedou alterado polo lume.
Finalmente, despois dun bo xantar para repor forzas, a xornada tivo un remate diferente: varias alumnas convertéronse en guías e lideraron unha visita ao mosteiro de Melón, explicando a orixe, a estrutura e as partes dunha das construcións románicas máis importantes de Galicia.

08 maio 2026

POLVORÍN!

Na fase de ascenso do BM Cañiza feminino, nace Polvorín; un himno creado por Loucost para estas rapazas que están a facer historia na pista.
E para nós esta estrea é dobremente especial. Detrás do texto de "Polvorín" está Darío, un dos nosos profes de galego.
Dende aquí queremos convidarvos a todos a darlle ao play, a aprender a letra e, sobre todo, a berrala ben forte para que as nosas xogadoras sintan o alento de toda A Cañiza nesa fase de ascenso.

06 maio 2026

ENCONTROS LITERARIOS

Hoxe visitounos a escritora Lola Gil e compartiu connosco unha xornada moi inspiradora.
Grazas pola túa visita, Lola. Foi un pracer!

05 maio 2026

DÍA DO LIBRO, 2026

Aínda que con certo retraso, aquí temos algunha produción do alumnado de 4º, en Lingua Castelá, para esta data. A tarefa consistía en construír unha historia cos títulos dos libros.
AINHOA DE AMORIN, 4C

ARIADNE RODRÍGUEZ, 4C
LUCÍA PEREIRA, MARÍA GIRÁLDEZ, 4A

MIREYA SALAZAR, 4A

DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2026

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño.

Conxuntamente, Dinamización Lingüística e Biblioteca ofrecen algunhas maneiras de achegarse á súa figura:


03 maio 2026

CELANOVA, 2026

Organizada polo Departamento de Lingua Galega, o alumnado de 4º de ESO realizou hoxe unha saída cultural a Celanova.
Durante a xornada, visitaron o mosteiro de San Miguel, a biblioteca do instituto, a Casa dos Poetas e o núcleo de Vilanova dos Infantes.
A actividade resultou moi participativa, con momentos dedicados á música e á poesía.

01 maio 2026

15 abril 2026

BOOKFACE, 2026

Xa podemos ver algún dos traballos que entran a concurso. O xurado non o vai ter fácil.

Ollo, os profesores non concursan.

10 abril 2026

TALLER RECURSOS CREATIVOS

Hoxe houbo, para alumnado de 3º, un obradoiro de recursos creativos a través da lingua, coa profesora Alexia Dotras, quen sempre sorprende coas súas propostas.
Enfocándoxe no xogo lingüístico, o obxectivo foi explorar as posibilidades expresivas do idioma de xeito lúdico e artístico.

30 marzo 2026

DÍA DAS ARTES GALEGAS, 2026

Este ano, o homenaxeado será o fotógrafo José Suárez.
José Suárez, nado en Allariz en 1902, tivo unha traxectoria marcada pola vangarda artística e polo exilio. A súa obra fotográfica, influída pola Nova Obxectividade, caracterízase por unha mirada moderna, reflexiva e centrada na figura humana, afastada do folclorismo e próxima ás correntes europeas máis innovadoras.

29 marzo 2026

CAMBIO DE HORA

Esta noite non esquezades.
Este costume de atrasar o reloxo en inverno e adiantalo en verán empezouse a usar de forma xeneralizada en 1974 tras a primeira crise do petróleo. O obxectivo era poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir menos electricidade.
O cambio supón un aforro potencial estimado de enerxía que podería alcanzar o 5%, ao redor de 300 millóns de euros, segundo estimacións do Instituto de Diversificación para o Aforro Enerxético (IDAE).
Non obstante, non todo o mundo está de acordo con este cambio de hora. A Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois (ARHOE), insiste na importancia de non efectuar este cambio para "estar en harmonía coa luz solar".
Esta medida non só se adopta en España, senón que se leva a cabo nuns 70 países en todo o mundo; en concreto, todos os países de Europa, América do Sur, África, algunhas zonas de Estados Unidos e Canadá. É Xapón o único país industrializado que non se adaptou a esta normativa.

26 marzo 2026

DECORADO PARA O ENFIANDO VERSOS IV

Pedímoslle a Claudia (Plástica) un decorado para o Enfiando versos e púxose mans á obra.
Despois dos bocetos do alumnado de 4º, xa se vai vendo algo. Agora xa só queda coser!!!
Agardamos que os poetas estean á altura.



24 marzo 2026

DÍA DO LIBRO, 2026

BOOKFACE, DÍA DO LIBRO 2026 de MEPP
Aquí tedes exemplos de cursos anteriores.

OS NOSOS RETRATOS


Na materia de Expresión Artística de 4º da ESO, estivemos a traballar neste trimestre con volumes en pasta cerámica. Fixemos estes retratos en arxila por parellas, retratando ao noso compañeiro ou compañeira e viceversa. O reto era coñecer o material e ser capaces de elaborar un volume, debuxando no espazo, comprender as proporcións do rostro humano e acadar expresividade nun material novo para eles e elas.


22 marzo 2026

27 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO TEATRO

 

O día 27 de marzo celébrase, dende o 1961, o Día Mundial do Teatro, por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI).
Un dos actos máis representativos é a circulación da Mensaxe Internacional, tradicionalmente escrita por unha personalidade de prestixio. O elixido este ano é o recoñecido actor Willen Dafoe.
Algúns recursos e páxinas de interese para desenvolver o tema nas aulas:

14 marzo 2026

15 DE MARZO, DÍA DO CONSUMO RESPONSABLE


O 15 de marzo de 1963, o presidente de EE.UU., John F. Kennedy, pronunciou un discurso ante o Congreso dese país no que se referiu aos dereitos dos consumidores. Algúns anos máis tarde, o movemento de consumidores comezou a celebrar cada 15 de marzo o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor para aumentar a conciencia mundial sobre estes dereitos.
Podemos analizar a nosa actitude ante o consumo e a forza da publicidade despois de ver algún destes vídeos.




Spot publicitario de Dove que provocou unha resposta de Greenpeace na que denunciaban a deforestación do Sudeste de Asia para plantacións de aceite de palma.
Máis materiais en Datos e datas, Igualdade Vigo

13 marzo 2026

DÍA INTERNACIONAL DAS MATES, DÍA DO NÚMERO PI

Este curso, conmemoramos o día no centro con diversas actividades:
  • Proxeccións de vídeos sobre o número pi.
  • Experimento con número pi.
  • Outro número importante: o phi.

  • Tamén aproveitamos para responder a esa pregunta constante da rapazada de "para que valen as mates?", da man do matemático e divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón.

09 marzo 2026

CEIBARIMAS, 2026

No día de hoxe, parte do alumnado de 4° da ESO puido desfrutar dun obradoiro organizado por Ceiba Rimas, o único proxecto de rap improvisado en galego. A actividade foi dirixida por Nervo, cantante principal do grupo de rap Rebeliom do Inframundo, todo un referente na escea do hip hop en galego. 

Tras unha pequena charla sobre o proxecto, o alumnado deixou voar a creatividade e animouse a realizar as súas propias creacións sobre unha base de rap.


ENFIANDO VERSOS IV, 2026

ENFIANDO VERSOS IV (A) de MEPP

06 marzo 2026

CASTELAO EN 4º ESO

O alumnado de 4º, inspirandose na icónica obra Cousas da vida de Castelao, recreou estas láminas, combinando a expresión artística coa análise social e o humor retranqueiro.


8M

E o luns, tamén.
 

03 marzo 2026

VISITA IES RIBEIRO

O luns pola tarde acudiu ao centro a coordinadora do Bacharelato de Artes do IES O Ribeiro para ter unha charla co alumnado de 4º ESO.
Acompañárona dúas exalumnas que agora están cursando esta modalidade de Bacharelato en Ribadavia.
 

27 febreiro 2026

VISITA CIFP A GRANXA

Hoxe acudiron ao centro membros do equipo de Orientación do CIFP A GRANXA (Ponteareas) para divulgar a oferta de FP entre o alumnado de 3º e 4º ESO.

23 febreiro 2026

17 febreiro 2026

DÍA DE ROSALÍA, 2026

O Día de Rosalía de Castro pasou a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data de nacemento da poeta.

A Xunta de Galicia e as institucións vencelladas á autora deciden cambiar a efeméride tras a aparición de nova documentación que desvela a súa data real.

RECURSOS PARA CONMEMORAR O DÍA AQUÍ

14 febreiro 2026

SAN VALENTÍN

Realizado no 2022 polo alumnado da que, naquel momento,
era a profesora de Plástica, Tania

No 14 de febreiro, moito amor para todos con recomendacións lectoras e recursos.

10 febreiro 2026

PLAN DIRECTOR

Esta semana visitounos o equipo do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos.
Axentes da Garda Civil impartiron charlas, en 2º e 3º da ESO, sobre temáticas de interese e necesidade para o noso alumnado: adicións, ciberseguridade, delitos de odio e prevención de delitos sexuais.