DECORAMOS A PORTA DA BIBLIOTECA
Ao igual que fixemos en cursos pasados, queremos decorar a porta da
biblioteca para o Nadal coa vosa colaboración.
Bases:
Bases:
- Participantes: poderá participar quen o desexe, individualmente ou en grupo.
- Prazo: a data límite para entregar os proxectos será o 2 de decembro. A entrega farase na biblioteca ou en Plástica.
- Tema: o Nadal.
- Procedemento: realizarase o deseño nun folio no que, ademais, se expliquen os materiais empregados na súa realización. Lembrade que ha de ser papel, cartón, cinta, algodón, ou calquera material fácil de conseguir e económico.
- Xurado composto por
- Un membro do equipo da biblioteca.
- Un membro do Equipo Directivo
- A profesora de Educación Plástica e outro profesor/a do centro
- Un delegado ou subdelegado elixido de entre os non participantes.
- Gañador: elixirase un único premiado de entre todos os traballos presentados.
- Premios: realización do deseño na porta da biblioteca. Un agasallo a elixir entre: un Mp4, unha selección de libros, un videoxogo educativo, material escolar (arquivador, pen drive…)
Ningún comentario:
Publicar un comentario