Como algúns xa sabedes, no último trimestre do curso pasado mercamos xogos novos: Virus, Dixit, Código secreto, cubos de rubik, Story Cubes, Hive e Cortex. Tamén renovamos os antigos con novos taboleiros e fichas para xadrez, damas e parchís.
Para garantir a súa conservación, recordade:
Normas de uso:
- Os usuarios deberán acudir á biblioteca a solicitar o xogo desexado. Quen o recolle será o encargado de devolvelo.
- Só se presta un xogo por usuario.
- O uso será, exclusivamente, na zona do vestíbulo.
- Haberá que cubrir o rexistro que hai para tal fin.
Responsabilidades:
- Custodiar e coidar o xogo durante o préstamo.
- Advertir ao persoal da biblioteca de calquera anomalía ou dano que se observe.
- Non dobrar, marcar, romper, escribir... nos elementos do xogo.
- O profesor responsable encargarase de: manter a calma na zona, axudar aos principiantes, potenciar o xogo limpo, procurar que recollan con tempo.
- Calquera actuación contraria as normas suporá a suspensión do servizo de préstamo temporal ou indefinidamente ou a sanción disciplinaria.
- O roubo, destrución ou deterioro irreparable do xogo ou dos seus accesorios implica a reposición con outro de similares características.
Ningún comentario:
Publicar un comentario