Javier Cercas con "Terra Alta" e Manuel Vilas con "ALegría" son o gañador e finalista do LXVIII Premio Planeta 2019.
"Terra Alta" trata sobre un crime terrible que sacode a apracible comarca da Terra Alta: os propietarios da súa maior empresa, Gráficas Adell, aparecen asasinados tras ser sometidos a atroces torturas. Encárgase do caso Melchor Marín, un policía de escuro pasado.
En "Alegría", o éxito desbordante da súa última novela embarca ao protagonista nunha xira por todo o mundo. Unha viaxe con dúas caras, a pública, na que o personaxe se achega aos seus lectores, e a íntima, na que aproveita cada espazo de soidade para rebuscar a súa verdade, nunha necesidade inaprazable de atopar a felicidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario