DECORAMOS A PORTA DA BIBLIOTECA
Ao igual que fixemos en cursos pasados, queremos decorar a porta da biblioteca para o Nadal coa vosa colaboración.
Bases:
- Participantes: a participación será individual ou en grupo (máximo 4 persoas).
- Prazo: a data límite para entregar o proxecto será o 1 de decembro ás 14:30 horas.
- Tema: o Nadal.
- Procedemento: realizarase o deseño nun folio no que, ademais, se expliquen os materiais empregados na súa realización. Lembrade que ha de ser papel, cartón, cinta, algodón, ou calquera material fácil de conseguir e económico.
- Xurado composto por:
- Un membro do equipo da biblioteca.
- Un membro do Equipo Directivo.
- O profesor de Educación Plástica e outro profesor/a do centro.
- Un delegado ou subdelegado elixido de entre os non participantes.
- Gañador: elixirase un único premiado de entre todos os traballos presentados.
- Premios:
- Realización do deseño na porta da biblioteca.
- Un vale para material escolar nunha librería do pobo.
Aquí tedes algún modelo:
Gañadora 2020
Gañadora 2019
Gañadora 2018 |
Gañadora 2017 |
Gañadora 2016 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario