23 decembro 2025
TRADICIÓNS DE NADAL
Recordamos un capítulo do 2006, do mítico Alalá, no que Concha de Luneda falaba das tradicións do Nadal.
22 decembro 2025
FIN DE TRIMESTRE
Despedimos o trimestre coa festa de Nadal: decoración, actividades deportivas, coro...
![]() |
| 4º ESO, C |
17 decembro 2025
PORTA BIBLIO, 2025
Xa temos a porta montada.
Para conseguilo pedimos axuda a estas alumnas de 4º. Sen elas, isto non sería posible!
Grazas aos que presentaron o deseño, pero grazas chicas por realizalo. Menos mal que contamos con vós!
14 decembro 2025
MERCADIÑO SOLIDARIO
O 18 de decembro celebrarase, no patio e soportais de Primaria, un Mercadiño de Nadal solidario. Os cartos recadados coa venda doaranse á Protectora de animais Aloia.
Os alumnos de Secundaria visitarémolo por quendas e podemos colaborar mercando algún dos seus produtos.
12 decembro 2025
08 decembro 2025
DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS, 10 de decembro
Máis recursos:
- Pocoyó cos dereitos dos nenos: Pocoyó e os seus amigos ensínannos os dereitos da infancia a través de oito vídeos con temas que inclúen: a familia, a identidade, a igualdade, o xogo, a participación, a educación, a protección e a saúde.
- Análise de viñetas que teñen que ver cos dereitos humanos.
PORTA BIBLIOTECA
Xa temos o proxecto gañador: o presentado por Álvaro, Xurxo e Izan de 1º B.
Agora toca realizalo; o martes haberá que poñerse man á obra!
01 decembro 2025
CONSTITUCIÓN E ESTATUTO DE AUTONOMÍA, semana do 6 de decembro
Outros recursos para conmemorar esta data:
- Taller "moi visual" sobre a distribución territorial.
- Taller literario. Despois de analizar anuncios publicitarios moi coñecidos, respondede:
- Onde está a clave do seu éxito?
- Que tópicos recollen? Serven para caracterizarnos polo mundo adiante?
- Que aspectos nos fan sentir orgullosos de ser galegos? Cales non?
- Análise de estereotipos e posibilidade de crear un mapa similar que recolla a idea que temos de nós mesmos e dos demais. Podemos tomar como punto de partida 13 estereotipos dos españoles... de El Huffington Post.
Un mapa que, con escaso rigor científico e/ou etnográfico, recolle o que pensan os nosos veciños de nós. Acaso terán razón?
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


.jpg)


.jpg)

