30 marzo 2026

DÍA DAS ARTES GALEGAS, 2026

Este ano, o homenaxeado será o fotógrafo José Suárez.
José Suárez, nado en Allariz en 1902, tivo unha traxectoria marcada pola vangarda artística e polo exilio. A súa obra fotográfica, influída pola Nova Obxectividade, caracterízase por unha mirada moderna, reflexiva e centrada na figura humana, afastada do folclorismo e próxima ás correntes europeas máis innovadoras.

29 marzo 2026

CAMBIO DE HORA

Esta noite non esquezades.
Este costume de atrasar o reloxo en inverno e adiantalo en verán empezouse a usar de forma xeneralizada en 1974 tras a primeira crise do petróleo. O obxectivo era poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir menos electricidade.
O cambio supón un aforro potencial estimado de enerxía que podería alcanzar o 5%, ao redor de 300 millóns de euros, segundo estimacións do Instituto de Diversificación para o Aforro Enerxético (IDAE).
Non obstante, non todo o mundo está de acordo con este cambio de hora. A Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois (ARHOE), insiste na importancia de non efectuar este cambio para "estar en harmonía coa luz solar".
Esta medida non só se adopta en España, senón que se leva a cabo nuns 70 países en todo o mundo; en concreto, todos os países de Europa, América do Sur, África, algunhas zonas de Estados Unidos e Canadá. É Xapón o único país industrializado que non se adaptou a esta normativa.

26 marzo 2026

DECORADO PARA O ENFIANDO VERSOS IV

Pedímoslle a Claudia (Plástica) un decorado para o Enfiando versos e púxose mans á obra.
Despois dos bocetos do alumnado de 4º, xa se vai vendo algo. Agora xa só queda coser!!!
Agardamos que os poetas estean á altura.



24 marzo 2026

DÍA DO LIBRO, 2026

BOOKFACE, DÍA DO LIBRO 2026 de MEPP
Aquí tedes exemplos de cursos anteriores.

OS NOSOS RETRATOS


Na materia de Expresión Artística de 4º da ESO, estivemos a traballar neste trimestre con volumes en pasta cerámica. Fixemos estes retratos en arxila por parellas, retratando ao noso compañeiro ou compañeira e viceversa. O reto era coñecer o material e ser capaces de elaborar un volume, debuxando no espazo, comprender as proporcións do rostro humano e acadar expresividade nun material novo para eles e elas.


22 marzo 2026

27 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO TEATRO

 

O día 27 de marzo celébrase, dende o 1961, o Día Mundial do Teatro, por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI).
Un dos actos máis representativos é a circulación da Mensaxe Internacional, tradicionalmente escrita por unha personalidade de prestixio. O elixido este ano é o recoñecido actor Willen Dafoe.
Algúns recursos e páxinas de interese para desenvolver o tema nas aulas:

14 marzo 2026

15 DE MARZO, DÍA DO CONSUMO RESPONSABLE


O 15 de marzo de 1963, o presidente de EE.UU., John F. Kennedy, pronunciou un discurso ante o Congreso dese país no que se referiu aos dereitos dos consumidores. Algúns anos máis tarde, o movemento de consumidores comezou a celebrar cada 15 de marzo o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor para aumentar a conciencia mundial sobre estes dereitos.
Podemos analizar a nosa actitude ante o consumo e a forza da publicidade despois de ver algún destes vídeos.




Spot publicitario de Dove que provocou unha resposta de Greenpeace na que denunciaban a deforestación do Sudeste de Asia para plantacións de aceite de palma.
Máis materiais en Datos e datas, Igualdade Vigo

13 marzo 2026

DÍA INTERNACIONAL DAS MATES, DÍA DO NÚMERO PI

Este curso, conmemoramos o día no centro con diversas actividades:
  • Proxeccións de vídeos sobre o número pi.
  • Experimento con número pi.
  • Outro número importante: o phi.

  • Tamén aproveitamos para responder a esa pregunta constante da rapazada de "para que valen as mates?", da man do matemático e divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón.

09 marzo 2026

CEIBARIMAS, 2026

No día de hoxe, parte do alumnado de 4° da ESO puido desfrutar dun obradoiro organizado por Ceiba Rimas, o único proxecto de rap improvisado en galego. A actividade foi dirixida por Nervo, cantante principal do grupo de rap Rebeliom do Inframundo, todo un referente na escea do hip hop en galego. 

Tras unha pequena charla sobre o proxecto, o alumnado deixou voar a creatividade e animouse a realizar as súas propias creacións sobre unha base de rap.


ENFIANDO VERSOS IV, 2026

ENFIANDO VERSOS IV (A) de MEPP

06 marzo 2026

CASTELAO EN 4º ESO

O alumnado de 4º, inspirandose na icónica obra Cousas da vida de Castelao, recreou estas láminas, combinando a expresión artística coa análise social e o humor retranqueiro.


8M

E o luns, tamén.
 

03 marzo 2026

VISITA IES RIBEIRO

O luns pola tarde acudiu ao centro a coordinadora do Bacharelato de Artes do IES O Ribeiro para ter unha charla co alumnado de 4º ESO.
Acompañárona dúas exalumnas que agora están cursando esta modalidade de Bacharelato en Ribadavia.
 

27 febreiro 2026

VISITA CIFP A GRANXA

Hoxe acudiron ao centro membros do equipo de Orientación do CIFP A GRANXA (Ponteareas) para divulgar a oferta de FP entre o alumnado de 3º e 4º ESO.

23 febreiro 2026

17 febreiro 2026

DÍA DE ROSALÍA, 2026

O Día de Rosalía de Castro pasou a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data de nacemento da poeta.

A Xunta de Galicia e as institucións vencelladas á autora deciden cambiar a efeméride tras a aparición de nova documentación que desvela a súa data real.

RECURSOS PARA CONMEMORAR O DÍA AQUÍ

14 febreiro 2026

SAN VALENTÍN

Realizado no 2022 polo alumnado da que, naquel momento,
era a profesora de Plástica, Tania

No 14 de febreiro, moito amor para todos con recomendacións lectoras e recursos.

10 febreiro 2026

PLAN DIRECTOR

Esta semana visitounos o equipo do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos.
Axentes da Garda Civil impartiron charlas, en 2º e 3º da ESO, sobre temáticas de interese e necesidade para o noso alumnado: adicións, ciberseguridade, delitos de odio e prevención de delitos sexuais.


A MECA DO ENTROIDO, 2026

 

29 xaneiro 2026

VISITA IES

Hoxe visitounos o equipo de orientación do IES da Cañiza; para informar, ao alumnado de 4º, sobre as diversas opcións na etapa postobrigatoria.


25 xaneiro 2026

08 xaneiro 2026

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Ilustración de David Guirao
O vindeiro 30 de Xaneiro celebramos o día escolar pola paz, no aniversario da morte de Gandhi (30 de Xaneiro de 1948).
Aproveitaremos a data para fomentar a cultura da paz con murais con creacións do noso alumnado, seleccións bibliográficas, marcapáxinas co préstamo, proxeccións...
E estes vídeos poden ser un bo punto de partida para a reflexión.






01 xaneiro 2026

FELIZ 2026

Que este 2026 estea cheo de saúde, éxitos e grandes momentos para todos.
A por un ano incrible!