03 febreiro 2014
31 xaneiro 2014
TRABALLANDO A PAZ
Para conmemorar o día da paz, propuxémoslle ao alumnado as actividades do noso caderno "A paz, obxectivo para todo o ano" e xa vemos resultados.
Estes son algúns dos traballos:- Mural do Agrupamento de 1º da ESO
- Rosalía Quinteiro Fernández (4º B).
- Pablo Fidalgo e Juan Manuel Guerrero (4º C).
- Alba Pastoriza (4º B).
- Diego Álvarez e Manuel Rodríguez (4ºC).
- Paula Antón e Iria González (4º C).
- Juan Enrique Iglesias (4º C).
30 xaneiro 2014
XI PREMIO ANAYA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
Vicente Muñoz Puelles obtén o XI Premio Anaya coa obra La voz de árbol, que será publicada en abril.
A obra, dirixida a lectores de entre 10 e 12 anos, narra a vida de Virxinia, unha nena que, xunto á súa familia e grazas a seu pai, vai descubrindo na lectura unha forma de enfrontarse ao mundo, de entendelo e de buscar a felicidade.
Ven á biblioteca, atoparás algún título deste autor.
29 xaneiro 2014
REVOLUTION, BELEZA EN PAPEL
Revolution é un libro pop-up realizado pola ilustradora Helen Friel.
Amosa o ciclo da vida dunha gota de auga, dende que sae da billa da nosa casa ata transformarse en gota de chuvia.
Incrible que se poida facer algo así só co papel.
28 xaneiro 2014
DÍA DA ILUSTRACIÓN, CONCURSO

Nesta ilustración de Victoria Assanelli podemos identificar moitos dos contos infantís que nos entretiveron cando pequenos.
Adiviña que contos se agochan, anótaos nun folio e entrégao na biblioteca ao longo do día no que se conmemora o labor destes artistas (xa sabes, só durante o 30 de xaneiro).
CARTAZ DÍA ILUSTRACIÓN
Con este cartaz de Miguelanxo Prado, por vez primeira, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a celebración do Día da Ilustración en Galicia.
A data (30 xanerio) foi escollida por coincidir co aniversario do nacemento de Daniel Rodríguez Castelao.
Tamén podedes descargar a programación.
27 xaneiro 2014
CLASES DE GALEGO NAS REDES SOCIAIS
Helena Villar Janeiro sorpréndenos impartindo clases de galego en facebook.
Comezou dirixíndose a tres ou catro persoas e cada vez son máis as que se unen, comentan, dan indicacións, preguntan dúbidas e propoñen temas.
DÍA DA ILUSTRACIÓN, 30 XANEIRO
Un ilustrador é un artista gráfico que complementa a comunicación escrita mediante representacións visuais; en máis dun sentido, trátase dun espléndido exemplo de colaboración entre palabra e imaxe.
Os ilustradores son, entón, inmensos planetas de creatividade en torno aos que xiran outros asteroides como os libros, prensa, carteis, moda...
Aquí temos algún exemplo de ilustración relacionada cos libros e coas lecturas; tamén preparamos un concurso para ese día, estade atentos.
![]() |
| Ilustración de Jon Reinfurt |
![]() |
| Ilustración de Kim Parkhurst |
![]() |
| Ilustración de Kim Parkhurst |
![]() |
| Ilustración de Clothilde Stae |
![]() |
| Ilustración de Anja Klauss |
![]() |
| Ilustración de Daniel Montero Galán |
![]() |
| Ilustración de Mila Marquis |
![]() |
| Ilustración Nicoletta Ceccoli |
![]() |
| Ilustración de victoria assanelli |
![]() |
| Ilustración de Sören Kierkegaard |
![]() |
| Ilustración de Lucía Cobo |
![]() |
| Ilustración de Mónica Carretero |
![]() |
| Ilustración de Marie Cardouat |
![]() |
| Ilustración de Carol Heyer |
![]() |
| Ilustración de Marie Desbons |
25 xaneiro 2014
ARTE URBANA
A arte da rúa contén unha mensaxe subversiva que critica á sociedade e invita á loita ou á reflexión.
Con todo, a que aquí traemos carece dese compoñente crítico e busca a mellora estética da contorna, aproveitando elementos da paisaxe urbana, en moitos casos deteriorados.
Sorprender aos viandantes cun extraordinario alarde de creatividade e encher de cor e inconformismo as nosas rúas parece ser o único obxectivo.
ARTE URBANA on PhotoPeach
24 xaneiro 2014
ARTE EN MOVEMENTO
En Beauty (Beleza), unha colección de 116 cadros cobran vida nun vídeo de animación de case 10 minutos.
Cada pintura orixinal transfórmase nun instante de movementos leves e suaves; os personaxes respiran lentamente, inclinan a cabeza relaxados, actúan como se unicamente viviran para prolongar ese momento.
23 xaneiro 2014
SEMANA DE ACHADOS
O investigador Alejandro García Reidy, da Universidade Autónoma de Barcelona, encontrou un manuscrito dunha obra inédita de Lope de Vega, "Mujeres y criados", que os catálogos literarios daban por perdida.
A presentación oficial realizarase nos próximos meses na Biblioteca Nacional, e en outono, catro séculos despois da súa creación, volverá ás táboas representada pola Fundación Siglo de Oro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











-2.jpg)















