As cores indican o tempo de lectura semanal promedio que dedican os cidadáns a ler. Os países asiáticos van á cabeza (na India o promedio semanal é de máis de 10 horas) e España queda na parte alta dos países nos que menos se le, con algo menos de seis horas á semana.
05 marzo 2014
21 febreiro 2014
ENTROIDO 2014
A coordinadora de equipos de dinamización e normalización lingüística celebra o entroido 2014 cunha recopilación de recursos.
Sempre nos poden inspirar.
Por certo, coñecedes a alguén nestas fotos?
No 2007
No 2010
No 2013
17 febreiro 2014
TAL COMO ERAMOS!
Segundo reto deste curso.
Recordades? Consiste en adiviñar:
- Quen se agocha na foto. Por suposto alguén do cole que coñecedes sobradamente.
- De que libro falamos.
GOYA Á MELLOR CURTA DE ANIMACIÓN 2013
A rutina de María no colexio verase alterada pola chegada dun neno moi especial. Pronto se convertirán en amigos inseparables.
Aínda que durante unhas horas puidestes ver a curta aquí, saber que estaba en you tube sen permiso dos responsables fixo que a retiraramos inmediatamente, pero ofrecemos no seu lugar o trailer para ir abrindo boca.
Aínda que durante unhas horas puidestes ver a curta aquí, saber que estaba en you tube sen permiso dos responsables fixo que a retiraramos inmediatamente, pero ofrecemos no seu lugar o trailer para ir abrindo boca.
16 febreiro 2014
11 febreiro 2014
"CITAS PARA LEVAR"
O día 14 colgaremos nos corredores do centro estes anuncios por palabras que non son máis que pensamentos breves ou reflexións sobre o amor.
Deste xeito, traballando os sentimentos, poderemos amosar con normalidade o que sentimos, de igual maneira que manifestamos o que nos doe ou o que odiamos.
Algúns exemplos:
Pero o alumnado tamén aportará as súas producións. Esperade e comprobádeo.
AMOR
Por San Valentín, amor si, pero amor aos libros nunha Curta de Animación gañadora dun Oscar no 2012: Os fantásticos libros voadores do Sr. Morris Lessmore.
Relata a historia dun home que amaba as palabras e os libros. Uns libros que cobran vida ao ser lidos e enchen de alegrías cada momento da vida.
07 febreiro 2014
06 febreiro 2014
CONCURSO "LINGUA DE NAMORAR"
Se tes entre 14 e 35 anos, participa ata o 23 de febreiro no concurso da Secretaría Xeral de Política Lingüística: "Lingua de namorar". Só hai que enviar unha mensaxe de amor en lingua galega (extensión máxima de 350 caracteres).
05 febreiro 2014
CALENDARIO PROFESIONAL DO LIBRO E DA LECTURA 2014
Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) envíannos o Calendario profesional do libro e da lectura 2014, preparado en man común coa Asociación Galega de Editores. Unha peza informativa que pretende axudar na organización das actividades de promoción lectora.
SABIADES QUE?
O primeiro autobús escolar data do 1829, e foi un coche de cabalos deseñado para levar 25 nenos dunha escola de Londres.
Queredes comparar agora?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















