14 outubro 2014

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2014

Autorretrato de Raúl Sagospe (dereita) xunto a Diego Arboleda (esquerda)
Diego Arboleda obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa novela Prohibido leer a Lewis Carroll.
Arboleda e o ilustrador Raúl Sagospe dan vida neste libro a Alice, unha nena apaixonada por Alicia no país das marabillas. Unha obra, en opinión do xurado, extremadamente orixinal, cun brillante sentido do humor e un gran ritmo narrativo. O texto, recreación dunha época, está salpicado de referencias literarias e históricas. Destaca polos seus personaxes sólidos e moi ben construídos, así como pola fina ironía dos xogos lingüísticos,".
Primeiras páxinas.
Ilustración de Raúl Sagospe para Prohibido leer a Lewis Carroll

10 outubro 2014

EXPOSICIÓN BANDA DESEÑADA

O Centro de formación e recursos (CFR) de Vigo préstanos, dende o día 8 ao día 27 de outubro, unha ampla mostra de banda deseñada.
O material está á vosa disposición na biblioteca, exposto na mesa da entrada. Como non temos permitido o préstamo, só será posible a lectura en sala.
Animádevos a visitala

09 outubro 2014

NOBEL DE LITERATURA 2014

Patrick Modiano, escritor francés, autor de novelas como 'En el café de la juventud perdida', 'El horizonte', 'Barrio perdido', 'Flores de ruina', 'Un circo pasa'... foi recoñecido pola academia sueca co Nobel de Literatura 2014.
  

PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2014

O poeta Antonio Hernández foi galardoado hoxe co Premio Nacional de Poesía pola obra 'Nueva York después de muerto'.

07 outubro 2014

PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2014

O valenciano Rafael Chirbes foi o galardoado co premio Nacional de Narrativa 2014 por En la orilla.
Segundo o xurado, trátase dunha novela "de extraordinaria construción literaria, que tratando da realidade actual, non se limita ao realismo, mostrando unha riqueza formal e recursos poéticos que o transcenden."
O premio, dotado con 20.000 euros, concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para distinguir unha obra escrita en calquera das linguas oficiais durante 2013.

03 outubro 2014

LIBROS DO MES

BASES CONCURSO LIBRO DO MES

Louise C Bergeron
  1. Poderán participar os alumnos de todos os cursos de ESO. 
  2. A primeiros de cada mes anunciarase o libro obxecto do concurso. Este poderá estar escrito en galego ou en castelán, ou, se así se especifica, en ámbalas dúas linguas. 
  3. Os participantes deberán ler o libro e contestar a unhas preguntas que se farán públicas, na biblioteca e no blog, a mediados de mes. 
  4. Quen responda correctamente a todas as preguntas será o gañador. Se houbese máis dunha persoa que respondese correctamente a todas as preguntas, gañará quen entregue as respostas en primeiro lugar. De persistir o empate faríase un sorteo xa que só pode haber un gañador, agás que o equipo da biblioteca decida, excepcionalmente, que poida haber máis dun. 
  5. Cada concursante só poderá presentar unha batería de respostas. 
  6. As respostas entregaranse na biblioteca, ao profesorado responsable. 
  7. Se ninguén respondese correctamente a todas as preguntas, o concurso quedará deserto, é dicir non haberá gañador/a. 
  8. O profesorado que conforma o equipo da Biblioteca será o encargado de levar a cabo o concurso.
NOTA: Se tes dúbidas consulta con calquera dos profesores/as do equipo da biblioteca.
ANÍMATE... E PARTICIPA. LER PAGA A PENA

01 outubro 2014

E-READER

Contamos tamén con dispositivos de lectura electrónica (E-reader) que calquera membro da comunidade pode levar. Teredes que solicitalos na biblioteca e precisamos a autorización das familias.

29 setembro 2014

PARABÉNS MAFALDA

Hoxe, 29 de setembro, Mafalda cumpre 50 anos. Cal será o mellor agasallo? Unha cunca de sopa?
E aquí a homenaxe que, a ela e a Quino, lle fai o debuxante Luís Davila coa súa "Mafaldora desbrosadora".

26 setembro 2014

NOVIDADES


Curso novo, normas novas.
Atentos á devolución do material nos prazos fixados!!! Sabedes que perseguimos ao morosos.

25 setembro 2014

XA ESTAMOS!


E, como non, coas baterías cargadas.
Por iso queremos promocionar a nosa "hora de ler", cun vídeo que alumnos de 1º fixeron co profesor de Lingua Galega, Xabier.
Seremos capaces de facer este ano algo similar? Animádesvos a participar?