19 febreiro 2015

REPORTAXE FOTOGRÁFICA ENTROIDO 2015

ENTROIDO 2015-II  
ENTROIDO 2015-III  
ENTROIDO 2015-IV 
ENTROIDO 2015-V 

SESIÓN DE CHAPA E PINTURA

Alexandra e Andrea de 3º B en pleno proceso para convertirse en Catrina.




Por fin, o resultado final co grupo completo: Alexandra, Andrea e Verónica de 3º B e Xena de 3º A

MASTER CHEF NO COLEXIO?

O alumnado de Atención Educativa de 1º A participou no concurso de sobremesas cunha torta de oblea e chocolate deliciosa.
Algúns estivemos presentes na súa elaboración na cafetería.
Estará entre nós o próximo Master chef Junior? Oxalá.



15 febreiro 2015

O GRAN SEGREDO

3ª fase (segunda quincena de febreiro)
Xa que as pistas ata o de agora foron insuficientes, velaquí a última oportunidade:
  • Orixinariamente foi coñecido como Chaturanga, que significa entre catro e fai alusión ás catro armas do exército indio: cabalos, carros, elefantes e infantería. Ao pasar a Occidente, transformáronse nos obxectos cos que se xoga na actualidade.
  • Difundiuse rapidamente polas rutas comerciais, chegando primeiro a Persia, despois ao Imperio Bizantino. 
  • O mundo árabe acolleuno cun entusiasmo sen igual, estudando e analizando en profundidade os mecanismos do xogo, e escribindo numerosos tratados sobre el. Así chegou a Europa, entre os anos 700 e 900.
  • En España, o xogo foi introducido co nome de “Shatrany”, que deu lugar ao termo  español co que o coñecemos na actualidade.
  • Escribíronse moitas novelas nas que o xogo desenvolve un rol moi importante no argumento. Na nosa biblioteca, hai un libro no que unha nena de moita imaxinación, xoga unha desatinada partida, na que ao final, resulta vencedora.

11 febreiro 2015

SAN VALENTÍN 2015

Como sabedes, este ano o San Valentín mestúrase co noso entroido terrorífico, o que explica este esquelético namorado.
Animámosvos a escribir as vosas cartas e depositalas nas caixas que tedes no vestíbulo. O día 13 farase o reparto por aulas.

10 febreiro 2015

ENTROIDO 2015

Mouchos, fantasmas, esqueletos, tumbas... invadiron o cole. A profe Elena (PT) ambientou a zona; será que a temática para o entroido é o terror?

04 febreiro 2015

DÍA DA PAZ E MERCADIÑO SOLIDARIO


Un ano mais, coincidindo co Día da Paz, celebramos o noso Mercadiño Solidario para colaborar coas familias mais necesitadas do concello.
O alumnado de educación infantil e primaria confeccionou marcapáxinas, portavasos, libretiñas, broches, pulseiras, chapas, colgantes... que podían ser trocados por un kilo de alimentos.
O alumnado de secundaria tamén participou no mercadiño con obxectos variados que tiveron moita aceptación
É de destacar a aportación dalgunhas familias que fixeron uns deliciosos postres que tamén se podían trocar.
A pesar do mal tempo, realmente terrible, a convocatoria foi, como sempre, un éxito, as familias da Cañiza volcáronse na campaña e recolléronse varios centos de kilos de alimentos.