23 marzo 2015

REVISTA NOVENO 9

Noveno 9, a revista dos alumnos do curso de banda deseñada de O garaxe hermético, nace como ferramenta de aprendizaxe para que o alumnado experimente todos os parámetros necesarios para converterse nun profesional da bd.
En definitiva, NOVENO  é unha porta aberta aos futuros historietistas profesionais.

22 marzo 2015

DÍA MUNDIAL DA AUGA

En 1993, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 22 de marzo como o primeiro Día Mundial da Auga, un día para reflexionar sobre a función esencial da auga e propiciar melloras para a poboación mundial que aínda sofre pola súa escaseza.
Nesta ocasión, a ONU quixo centrar as celebracións nun aspecto clave: a sostibilidade.
O acceso aos recursos hídricos implica crecemento económico, enerxía, saúde... ademais, a auga contribúe ás melloras no benestar social e ao crecemento inclusivo de miles de millóns de persoas.

18 marzo 2015

20 DE MARZO, ECLIPSE SOLAR

O próximo venres 20 de marzo, a partir das 09:08:50, poderemos observar unha eclipse parcial de sol na que a lúa ocupará case o 70% do sol.
Unha eclipse solar prodúcese cando a lúa, o sol e a terra se aliñan e a lúa se interpón entre a terra e o sol.
Así vai ser o seu desenvolvemento segundo esta animación da Armada…
Segundo o Instituto Xeográfico Nacional, este evento inusual apreciarase mellor en Galicia, onde o sol se ocultará en máis do 50%.
Esta será a evolución e os horarios en Pontevedra e na Cañiza.
PRECAUCIÓNS PARA OBSERVAR A ECLIPSE
  • O risco de observar o Sol directamente ou con lentes de sol normais durante un fenómeno destas condicións é moi alto, e pode causar lesións graves e mesmo provocar cegueira.
  • As eclipses só deben observarse directamente con lentes especiais, que estean homologadas pola Comunidade Europea e cun índice de opacidade de 5 ou máis, ou un cristal protector como os que se utilizan para soldaduras. 
  • Nunca deben usarse espellos, anacos de vidro afumado, radiografías, cámaras ou vídeos, instrumentos ou telescopios que non estean preparados para iso.
  • Un método seguro para observar o Sol é proxectalo sobre unha pantalla: utilizando dúas cartolinas separadas uns 50 centímetros, perfórase unha delas e oriéntanse ambas as dúas perpendicularmente ao Sol. Así se pode observar a imaxe de eclipse proxectada da primeira á segunda cartolina.

De xeito máis gáfico:

Máis información na guía de El País.

LIBRO DO MES DE MARZO

Descargar preguntas aquí.

04 marzo 2015

DÍA MUNDIAL DA EFICIENCIA ENERXÉTICA


Celébrase mañá, 5 de marzo, co obxectivo de sensibilizar á poboación na materia e impulsar o uso das enerxías renovables.
Ademais de apostar por procesos enerxéticos máis limpos, a modificación de actitudes respecto do uso da enerxía, recurso de primeira necesidade, só é posible a través da educación.
No capítulo da Familia Trebón títulado “Os traxes de baño non son para o inverno”. Os nosos amigos ensínannos a empregar a enerxía con cabeza, posibilitando que, además de coidar o medio ambiente, aforremos.


E ademais, SOGAMA tamén nos ofrece:

24 febreiro 2015

XOGANDO COAS MATEMÁTICAS

A biblioteca do IES Pazo da Mercé comparte con nós algúns enlaces matemáticos con actividades lúdicas: xadrez, sudokus, ilusións ópticas, pasatempos... e tamén algúns videos e libros en PDF. 

AS MATEMÁTICAS IMPORTAN

Traballo de Clara Domínguez Sendín (4ºB) sobre Ada Lovelace.
 Persoa clave no mundo da informática.

Traballo de Camila Piñeyro Irrazábal (4º A) sobre Alan Turing.
De recente actualidade pola película The Imitation Game (Descifrando Enigmas).

GOOGLE TAMÉN É ROSALÍA

Hoxe día 24 de febreiro, cando fai 178 anos do nacemento de Rosalía de Castro, o poema "Adiós ríos, adiós fontes", a imaxe da autora e o logotipo de Google cun escudo de Galiza, conforman o doodle que Google dedica a Rosalía no seu aniversario.