04 novembro 2018

CONCURSO NADAL

DECORAMOS A PORTA DA BIBLIOTECA
Ao igual que fixemos en cursos pasados, queremos decorar a porta da biblioteca para o Nadal coa vosa colaboración.
Bases:
  • Participantes: a participación será individual ou en grupo (máximo 4 persoas).
  • Prazo: a data límite para entregar na biblioteca os proxectos será o 30 de novembro.
  • Tema: o Nadal. 
  • Procedemento: realizarase o deseño nun folio no que, ademais, se expliquen os materiais empregados na súa realización. Lembrade que ha de ser papel, cartón, cinta, algodón, ou calquera material fácil de conseguir e económico.
  • Xurado composto por
  • Un membro do equipo da biblioteca.
  • Un membro do Equipo Directivo
  • A profesora de Educación Plástica e outro profesor/a do centro
  • Un delegado ou subdelegado elixido de entre os non participantes.
  • Gañador: elixirase un único premiado de entre todos os traballos presentados. 
  • Premios: realización do deseño na porta da biblioteca. Un agasallo a elixir entre: un Mp4, unha selección de libros, un videoxogo educativo, material escolar (arquivador, pen drive…)
Aquí tedes algún modelo:
              

        

25 outubro 2018

PREPARANDO O SAMAÍN

Para o 31 de outubro 


PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA, 2018

Almudena Grandes (Madrid, 1960) obtivo o Premio Nacional de Narrativa 2018 coa novela Los pacientes del doctor García. Esta obra englóbase, xunto a outras tres, dentro da saga  Episodios de una guerra interminable sobre as consecuencias da Guerra Civil no noso país e as súas achegas á Segunda Guerra Mundial.
O xurado elixiu esta obra por "conseguir un difícil e preciso equilibrio entre o imaxinado e a lealdade á verdade histórica".
En 2010 comezou a serie Episodios de una guerra interminable con Inés y la alegría (2010). O segundo título da serie foi El lector de Julio Verne (2012), o terceiro, Las tres bodas de Manolita (2014), e o cuarto, Los pacientes del doctor García (2017).

24 outubro 2018

DÍA DA BIBLIOTECA

O  24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca, a iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro infantil y Juvenil desde o ano 1997.
Este é o cartel do ilustrador Alfonso Zapico.

23 outubro 2018

CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA

Día da Biblioteca
            Con motivo do día da Biblioteca, os nenos/as de infantil e primaria foron sorprendidos co xogo da ruleta, na que tiñan que saber: as normas, o prestamo, que libros corresponden para cada idade....  a  través de probas, palabras tabú, xestos e o preguntoiro. Os máis pequenos/as tiñan que adiviñar o título dun conto todo esto dependendo de onde parara a nosa super ruleta.
Temos uns artistas no noso cole, porque adiviñaron tódalas preguntas, por iso todos levaron un agasallo, que a nosa mascota Pandore escolleu con moito agarimo e unha pizca de maxia.


























18 outubro 2018

PREMIO NACIONAL DE POESÍA, 2018

O xurado do Premio Nacional de Poesía concedeu a Antònia  Vicens o Premio Nacional de Poesía 2018, pola súa obra  Tots  els  cavalls.
Antònia  Vicens conta cunha longa traxectoria literaria, publicando tanto novela como poesía. En 2009 publicou o seu primeiro libro DE poesía  Lovely, ao que seguiron Sota o  paraigua el  crit (2013), Fred  als  ulls (2015) e  Tots els cavalls.

16 outubro 2018

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC, 2018

A autora valenciana Ana  Penyas gañou o Premio Nacional de Cómic que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. 
Penyas foi premiada pola novela gráfica coa que debutou, Estamos todas bien, unha narración que "recupera a memoria histórica a partir dunha historia familiar" e recupera "voces esquecidas".

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Dende o 1979 a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) proclama o 16 de outubro como o día mundial da alimentación, coa finalidade de concienciar aos pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza.

PREMIO PLANETA DE NOVELA, 2018

Santiago Posteguillo  con "Yo, Julia" e Ayanta Barilli con Un mar violeta oscuro, gañador e finalista do LXVII Premio Planeta 2018.
Santiago  Posteguillo, autor da triloxía de Trajano e a triloxía  Africanus, entre outras, é filólogo e  lingüista e actualmente é profesor da  Universitat Jaume I de Castelló. Na novela premiada, a protagonista, de humildes orixes, manobrará hábilmente para conseguir os seus obxectivos. A historia está narrada a través de cinco personaxes, cunha multiplicidade de caracteres de gran costura psicolóxica.
Ayanta  Barilli, a finalista, é coñecida por ser a presentadora e a directora dos programas “ EsAmor” e “ EsSexo” que se emiten en  EsRadio. Tamén traballou como actriz en varias películas e obras de teatro. En canto ao mundo dos libros, participou nalgúns programas literarios dirixidos por Sánchez Dragó e traballou como crítica de libros e de obras de teatro.
Un mar violeta escuro é unha historia de loita, superación e supervivencia de tres xeracións de mulleres dunha mesma familia, ás que unha figura masculina aboca á tolemia.