17 decembro 2019

MEDRANDO EN IGUALDADE

Froito do Plan Proxecta "Donas de si", hoxe visitounos María, membro da Fundación Amigos de Galicia, organización que segue apostando pola sensibilización en materia de igualdade mediante o programa “Medrando en Igualdade”.
Falounos de violencia de xénero, estereotipos de xénero, micromachismos, brecha salarial, teito de cristal, violencia de control... para concienciarnos sobre a necesidade de construír un sistema baseado na equidade, pluralidade e diversidade de identidades e roles, exentos de desigualdade entre persoas, e loitar así pola eliminación de estereotipos de xénero.




10 decembro 2019

PORTA BIBLIO

E aquí temos xa o deseño gañador. Realizado por Diego Cortes e Anxo Álvarez, 3º C e A

06 decembro 2019

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro conmemoramos o día. Por iso, o alumnado da aula específica, xunto co profesorado, elaborou unhas actividades para o alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO.
Para ver máis fotos pincha na imaxe.

05 decembro 2019

DESEÑO PORTA BIBLIO

Diego Cortes e Anxo Álvarez, 3º C e A
Abraham González e Adán Fernández, 2º B
Nunha primerira votación, estes dous deseños lograron un empate, polo que houbo que ir a unha segunda volta. Nesta saíu gañadora a opción de Diego e Anxo de 3º.
Veremos o resultado.

I RETO RUBIK

PROPOSTAS DECORACIÓN PORTA BIBLIO

Coas propostas recollidas realizamos unha primeria criba da que resultaron os seguintes deseños. De entre eles sairá o gañador.
Abraham González e Adán Fernández, 2º B

Nuria Rodríguez e Sara Rodríguez, 2º A

Diego Alén e Adrián Piñeiro, 2º A e B

Diego Cortes e Anxo Álvarez, 3º C e A
Samuel Fernández e Sergio Martínez, 2º B

Alba Raña e Cecilia Longueira, 2º A

Iria Oliva e Noelia Carballo, 2º B

04 decembro 2019

01 decembro 2019

CONSTITUCIÓN E ESTATUTO DE AUTONOMÍA (30 de novembro ao 7 de decembro)




























Outros recursos para conmemorar esta data:
Que é a constitución?
  • Despois de analizar anuncios publicitarios moi coñecidos, respondede:
  • Onde está a clave do seu éxito? 
  • Que tópicos recollen? Serven para caracterizarnos polo mundo adiante? 
  • Que aspectos nos fan sentir orgullosos de ser galegos? Cales non?







  • Análise de estereotipos e posibilidade de crear un mapa similar que recolla a idea que temos de nós mesmos e dos demais.
    Somos vagos e durmimos a siesta a diario
  • Mapa que, con escaso rigor científico e/ou etnográfico, recolle o que pensan os nosos veciños de nós. Acaso terán razón?
de vía

26 novembro 2019

ROMPE, DARIO DK

A canción de Dario DK, que recolliamos na selección de actividades do 25N, xa ten un vídeo. Nel participou o alumnado de 4º da ESO e os Departamentos de Lingua Galega e Castelá do CPI de Mondariz.

25 novembro 2019

CÓNTALLO A VIOLETA

Xa se colgaron os lemas nas instalacións do cole e aquí unha pequena mostra. Pincha na imaxe para ver máis.

DECÁLOGO 25N

Os decálogos xa comezan a aparecer no taboleiro da entrada.


E hoxe, 25 N, Lucía, Aurora, Álex e Diego, alumnos de 3º ESO fixeron unha lectura dos mesmos empregando a megafonía do centro.

21 novembro 2019

25 NOVEMBRO

Este curso, para visibilizar e difundir entre a comunidade educativa o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, levaremos adiante diferentes actividades.
- O I Concurso de Debuxo e o I Concurso de slogans “DEBUXA PARA VIOLETA” e “CÓNTALLO Á VIOLETA”, promovido pola Concellería de Benestar Social e Sanidade do Concello da Cañiza en colaboración co CPI. Nesta actividade o alumnado de 1º da ESO, organizado en 20 grupos, terá que crear un lema e unha ilustración. Participarán nesta actividade os Departamentos de Lingua Galega e Plástica. Cos lemas farán uns carteis que se colgarán nos comercio da vila e nas instalacións do CPI o día 25. O concurso terá unha segunda parte que será a elaboración dun calendario coas doce ilustracións finalistas.
- A segunda actividade xorde arredor do Plan Proxecta “Donas de si “ que se está a desenvolver este curso no CPI. Cada titoría creará un Decálogo de bos hábitos para a prevención da violencia de xénero. Os Decálogos permanecerán expostos nun taboleiro na entrada. 
- Tamén se repartirán pegatinas co Logo do Centro e o lazo violeta entre o alumnado.
Confiamos en que todas os lemas, ideas e accións propostas callen de certo na vida do noso alumnado e que sexan suxeitos activos e responsables na prevención desta lacra social que é a violencia de xénero.