28 xaneiro 2020

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA


O CPI A CAÑIZA, a través do departamento de matemáticas da ESO e coa colaboración dos titores/as de 5º e 6º de Primaria, e co motivo da primeira celebración do día Internacional das matemáticas o 14 de marzo, convoca o I concurso de fotografía matemática.
Nesta primeira edición proponse ao alumnado da ESO e de 5º e 6º de Primaria que poñan en marcha a súa creatividade e imaxinación para ver, apreciar e plasmar en imaxes os múltiples aspectos do noso entorno que están relacionados coas matemáticas.
As bases do concurso xa foron expostas nas aulas polos seus respectivos/as profesores/as. O prazo para enviar as fotografías será ata o 11 de marzo; e éstas serán enviadas ao correo do departamento xunto co nome completo do alumno e o curso ao que pertence, ademais do título de dita fotografía no que se mencionará a relación das matemáticas co entorno.
Entre os participantes haberá unha lista de gañadores/as, aos que se lles fará entrega dun premio.
ANIMÁDEVOS!! E calqueira dúbida consultádea coas vosas profesoras e profesores de matemáticas.

22 xaneiro 2020

19 xaneiro 2020

PLAN PROXECTA, DONAS DE SI

Esta semana, e seguindo co Plan Proxecta Donas de si, o alumnado de 3º da ESO comezou a traballar en matemáticas a unidade didáctica de María Wonenburger, onde ademais de coñecer a vida desta muller galega, repasaron conceptos de álxebra e practicaron a resolución de ecuacións.
María Josefa Wonenburger Planells naceu na Coruña en 1927 e estudou a licenciatura de matemáticas en Madrid. Despois de comezar os cursos de doutoramento e vendo que lle sería complicado conseguir un traballo aquí, trasladouse aos Estados Unidos para finalizar a tese doutoral. Cando regresou a España non lle recoñeceron o título americano de doutora, polo que realizou outra tese doutoral, coa que tampouco obtivo o título de doutora (problemas burocráticos). Posteriormente, volve o continente americano onde chega a ser “Full Professor” (o equivalente a catedrática) ata que decide abandoar a súa carreira profesional e volver á Coruña para coidar da súa nai. Morreu na Coruña no 2014.
«Con trabajo y esfuerzo se puede conseguir lo que uno quiere.»
«Mi mayor orgullo son mis alumnos.»
«Tengo tendencia a ser feliz.»
María J. Wonenburger

04 xaneiro 2020

ENTRAMOS NO NADAL

Foron moitas as actividades do día das vacacións de Nadal; houbo para elixir. Tivemos cine na biblioteca, as actuacións do coro, baile no ximnasio, obradoiros de cociña e manualidades na cafetería, karaoke en música e patinaxe na pista que montaron na praza do pobo.
Pinchade nas fotos para poder ver os álbums da xornada. 


26 decembro 2019

NA NEVE

Xa levamos anos realizando esta excursión á neve co alumnado de 4º.
E este non ía ser menos!!!!!





19 decembro 2019

XA CASE DE VACACIÓNS

Mañá, no comedor, cantaremos unha panxoliña moi especial. Memorizádea para amosar os nosos talentos a ritmo de "Los peces en el río".
"En la cocina se hace una comida muy rica
las cuidadoras la sirven corriendo con mucha prisa.
pero mira como comen los niños de Cañiza,
pescado y verduras las comen que da risa;
comen y comen y vuelven a pedir
albóndigas, churrasco, lasaña a repetir." (BIS)

MÚSICA DE NADAL

O coro do CPI da Cañiza, dirixidos por Ruta (profesora de música) sempre nos sorprende nestas datas.
Bravo por eles.

OBRADOIRO DE MÚSICA

O alumnado do Obradoiro de Música de 1º da ESO quere felicitarnos estas datas cunha panxoliña tradicional.

ÁRBORE FRACTAL MATEMÁTICA

Coa árbore que o Departamento de matemáticas elaborou co alumnado, desexamos BO NADAL a toda a comunidade educativa.






18 decembro 2019

NA NEVE

Os de 4º da ESO, en Andorra, disfrutando da neve.




MULLERES MATEMÁTICAS

Seguindo coas actividades do Plan Proxecta Donas de si, esta vez o alumnado do CPI da Cañiza puido visitar a exposición de “Mulleres matemáticas” que a Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) nos emprestou.
Nela puideron ver as súas obras e as contibucións que fixeron ás ciencias. Por exemplo coñeceron a primeira programadora da historia Ada Lovelace, Teano que foi discípula de Pitágoras, Hypatia que estudou os movementos astronómicos e mantivo a tese do heliocentrismo...

Pincha na imaxe para ver máis fotos.

NA BIBLIO TRABALLAMOS A COEDUCACIÓN!!!

    
Os nen@s son un espello dos nosos actos, e na Biblio de Primaria comezamos  por un cambio en nós mesmos que leve ó cambio desexado nas novas xeneracións. Aportando o que queremos ver na sociedade: igualdade, coeducación respeto ao outro (sea de un sexo ou otro), lenguaxe non estereotipado, valor da muller na sociedade... 

Para levalo a cabo , estamos facendo unha serie de actividades, entre elas o xogo da ruleta na que a través de preguntas, e probas algunhas delas utilizando os contos, intentamos traballar a coeducación e o papel da muller fóra  dos estereotipos tradicionais.
Nesta actividade tod@s os nen@s de Infantil e Primaria, descubriron que non sempre os personaxes  son como nos contaron.