13 marzo 2020
A BIBLIOTECA DE PRIMARIA PREPARASE PARA UN DÍA MOI ESPECIAL!!!!!!
O DÍA DA MULLER, ENGALAMOS A A NOSA BIBLIO!!!!!
TEMOS UNHA NOVA SECCIÓN ADICADA Á IGUALDADE:
PRESENTÁMOSVOS A NOSA ESTANTERÍA VIOLETA
ANIMÁDEVOS A ESCOLLER UNHA DESTAS MARABILLAS!!!!
CELEBRAMOS A IGUALDADE NA CAÑIZA- DÍA DA MULLER
A IGUALDADE CELÉBRASE TODOS OS DÍAS
Na Biblioteca de Primaria conmemoramos o Día da Muller, cunha serie de actividades
(adaptadas ás distintas idades) na que os rapaces desfrutaron moito cos Bee- Bot.
O RETO: completar un taboleiro de accións que suman ou restan na Igualdade.
11 marzo 2020
MULLERES CIENTÍFICAS
09 marzo 2020
CRUZ VERMELLA - PREVENCIÓN DE CONDUCTAS VIOLENTAS
Durante os meses de febreiro e marzo o alumnado de 3º da ESO participou nos obradoiros que a Cruz Vermella organizou no centro, dentro do programa de prevención de conductas violentas, e enmarcado dentro do Plan Proxecta Donas de si.
Cruz Vermella traballa na difusión de valores como a cooperación, a tolerancia, a solidaridade, e a aprendizaxe de habilidades sociais, de comunicación e de resolución de conflictos para evitar a aparición destas. Hoxe en día prensa, radio e televisión fanse eco de gran cantidad e de conductas violentas e hai quen pensa que Iago é só un reflexo da violencia existente na sociedade, provocada pola pérdida de valores e instauración de valores erróneos.
Nos obradoiros organizados pola Cruz Vermella as rapazas e rapaces aprenderon como prevenir conductas violentas, resolución de conflictos sen violencia e habilidades sociais, como prevenir o bullying e o ciberbullying, diferentes habilidades sociais para fomentar a convivencia e a diversidade, e estratexias para fomentar a non violencia, a tolerancia e a igualdade sen discriminación de identidade ou orientación sexual, todo esto cunha metodoloxía participativa e dinámica con traballo en equipo, debates, xogos, medios audiovisuais e TICs.
08 marzo 2020
07 marzo 2020
06 marzo 2020
VISITA DE LEDICIA COSTAS
O día 5 de marzo, tivemos unha invitada moi especial, LEDICIA COSTAS, unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados.
Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Licenciada en Dereito Económico, desde hai varios anos dedícase en exclusiva á creación literaria. Ademáis unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia e gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta.
Os seus últimos libros publicados son «Conexión Macarrón» (Xerais 2019) e «Vampira de biblioteca» (Xerais 2020).
Foi un enorme pracer, ter con nós A ledicia, que interactuou cos rapaces, dunha forma moi amena e con moita paciencia, compartindo todas as súas vivencias. Finalizou a súa vista asinando libros e realizando unha entrevista na nosa radio escolar " LOS 40 COLEGIALES", de man das nenas colaboradoras da Biblioteca.
MOITAS GRACIAS POLA TÚA VISITA, esperamos verte pronto de novo polo Centro.
Esta actividade realizouse gracias a colaboración dos Equipos de Normalización e Biblioteca.
05 marzo 2020
FROITA NA ESCOLA
De novo participamos no “Programa escolar de consumo de froita e leite nas escolas” que reparte froita aos alumnos durante os recreos.
04 marzo 2020
CELEBRAMOS O 8M COA MAFALDA MÁIS FEMINISTA
Chega o 8M, o Día Internacional da Muller. Data na que se quere facer visible na sociedade o traballo e a loita das mulleres para conseguir os dereitos que lle teñen sido negados tanto nos espazos públicos coma nos privados.
Pretendemos render homenaxe a todas aquelas mulleres que coa súa loita e traballo permitiron que nós poidamos ser na actualidade mestras, e que poidamos transmitirvos o saber e a información para que perpetúedes e melloredes esas conquistas.
Convidámosvos a achegarvos a esta causa a través da mirada de Mafalda, unha nena protestona e combativa que cuestiona os roles das mulleres na sociedade. A nai, Susanita, Liberdade e ela mesma representan modelos de mulleres diferentes. Mafalda envíanos mensaxes claras e directas: “o problema é que as mulleres no lugar de xogar un papel na sociedade teñen xogado un trapo”...
| Pincha na foto para ver máis. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


























