17 outubro 2020

PREMIOS PLANETA DE NOVELA, 2020

Eva García Sáenz de Urturi con "Aquitania" e Sandra Barneda con "Un océano para llegar a ti", son a gañadora e finalista do LXIX Premio Planeta.
"Aquitania" é un "un thriller medieval" que homenaxea a 'El nombre de la rosa'. Relata a historia do home máis rico e respectado de toda a cristiandade, o duque de Aquitania, que, tras ser capturado nunha peregrinación, é torturado ata a morte. A súa filla, que herdará o Ducado, tratará de vingar a morte do seu pai e cambiar ao Rey de Francia.
"Un océano para chegar a ti" conta unha historia de reconciliación que fala das perdas e de todos os mortos. Ambientada nun pobo da Serra de Gredos, ten a Gabriel como protagonista e en 49 días cambia o concepto que ten do seu pai.

Libros que fan de Eva García Sáenz de Urturi unha das autoras máis lidas

Obras de Sandra Barneda

DÍA DAS ESCRITORAS

 

Aínda que dous días despois, este mural de Pedro Cifuentes recorda a algunha muller de letras.

15 outubro 2020

PREMIO NACIONAL DE POESÍA, 2020

A poeta Olga Novo Presa vén de ser recoñecida co Premio Nacional de Poesía 2020, que outorga o Ministerio de Cultura pola obra Feliz Idade.
Poeta, filóloga e profesora de Ensino Secundario en Monforte, ademais de numerosas colaboracións en revistas e antoloxías, publicou os títulos A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997), A cousa vermella (2004) e Cráter (2011) .Como ensaísta, é autora, entre outros, dos volumes O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999, 2008) e Uxío Novoneyra. Lingua loaira (2005).
   

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL, 2020

A escritora Elia Barceló foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2020 por El efecto Frankenstein. Obra coa que Barceló homenaxea a obra de Mary Shelley.

É unha das escritoras de ciencia ficción máis destacadas da literatura en español, e na súa ampla obra tamén cultivou a narrativa xuvenil, de terror, o  thriller ou a novela histórica. Publicou máis dunha vintena de obras, entre novelas, ensaios e relatos, entre as que cabe destacar: Consecuencias naturales (1994), El vuelo del Hipogrifo (2002), El secreto del orfebre (2003), Las largas sombras (2009), Hijos de Atlantis (2013), La maga y otros cuentos crueles (2015), El color del silencio (2017) y El eco de la piel (2019)

14 outubro 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS


O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro  desde o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios/ as.

CONTOS E MÁIS CONTOS

 Extraordinaria colección a que nos ofrece este Drive. Hai moito que ler, entra e elixe. 



10 outubro 2020

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2020

A Secretaría Xeral de Cultura presentou o novo calendario 2020 coas datas máis salientables arredor do libro e a lectura.


 

09 outubro 2020

BEGA-ELBE.2

ELBE.2 é unha plataforma de lectura dixital na biblioteca escolar, que nos permite ler en dispositivos móbiles (instalando a APP Bega-elbe2) ou no ordenador persoal.
Para acceder precisamos unha conta de usuario cunha chave de acceso que nos facilitan dende a biblioteca. Se a esqueces pídea alí de novo.

PREMIO NOBEL DE LITERATURA, 2020

A estadounidense Louise Glück é a gañadora do Nobel de Literatura 2020. Este premio vén coroar unha longa e recoñecida traxectoria, que comezou a finais da década dos sesenta coa publicación, en 1968, do seu primeiro libro, " First  born", que foi recoñecido co  Academy  of  American  Poet' s  Prize. Desde entón, publicou doce coleccións de poesía, todas elas caracterizadas pola procura de claridade. A infancia e a vida familiar, a estreita relación entre pais e fillos, e entre irmáns, son os temas centrais da súa obra.


É unha das figuras máis relevantes da poesía contemporánea norteamericana, con títulos tan importantes como " Ararat", "Averno", "El iris salvaje", "Las siete edades", "Praderas", "Una vida de pueblo" o "Vita nova", todos eles publicados en España pola editorial  Pre-Textos.

08 outubro 2020

PREMIO NACIONAL ILUSTRACIÓN, 2020

A ilustradora catalá Sonia Pulido foi galardoada hoxe co Premio Nacional de Ilustración pola súa "ampla traxectoria a nivel nacional e internacional e pola súa versatilidade, que abarca case todas as áreas da ilustración: novela gráfica, ilustración editorial e publicidade".
Son frecuentes as súas colaboracións nos principais xornais e revistas nacionais e internacionais como El País, El País Semanal, Harper' s Baazar Spain, Rockdelux, Marie Claire, The New York Times, The Wall Street Journal...
No campo da ilustración editorial, a catalá é autora de máis dunha quincena de libros ilustrados, portadas, campañas de publicidade, e novelas gráficas.
De maneira paralela tamén realizou exposicións en galerías especializadas de todo o mundo.
 

01 outubro 2020

DESPEDIDA

Hoxe despedimos a Quino, creador do personaxe de historieta máis famoso de Arxentina e un dos máis queridos do mundo  hispanohablante:  Mafalda, a nena máis  contestataria do humor gráfico latinoamericano.

Outra vez sopa! diría Mafalda.