13 febreiro 2021

ENTROIDO 2021

Con moito coidado, pero non podiamos deixar de celebralo. Pinchade na foto para ver máis.

12 febreiro 2021

DÍA DE ROSALÍA, CONCURSO DE CALIGRAMAS

Dinamización Lingüística organiza para o día de Rosalía este concurso.
  • Poderá participar todo o alumnado de ESO.
  • Os participantes presentarán o caligrama nunha cartolina tamaño DIN A-4.
  • Para realizalo, utilizaran poemas escritos pola ilustre escritora. En todo caso, nos traballos, constará o título do poema pintado e pola parte de atrás da cartolina, o seu nome, apelidos e curso do alumno/a.
  • Valorarase a calidade, a orixinalidade e o contido do traballo.
  • O caligrama entregarase a profesora de Bioloxía (Irene).
  • O prazo de admisión será ata o Martes 16 DE FEBREIRO DE 2021.
  • Haberá un único gañador/a, que se dará a coñecer o 24 de febreiro.
  • O xurado que cualificará estes traballos estará formado por profesores e profesoras do centro e o seu fallo será inapelable.
  • O caligrama premiado poderá ser usado para posteriores publicacións.
  • O feito de concursar implica a aceptación destas bases, polo cal, o incumprimento das mesmas poderá facer que o caligrama sexa eliminado do concurso.

08 febreiro 2021

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 11 FEBREIRO

O movemento #NoMoreMatildas, apoiado por importantes escritoras, científicas, institucións e medios de comunicación, denuncia un fenómeno, conocido como Efecto Matilda, que priva á sociedade de referentes femininos na ciencia.
Esta campaña, iniciada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), publica un anexo para os libros de texto e tres biografías imaxinarias de Einstein, Fleming e Schrödinger,  coas que reivindica unha maior presenza das científicas e as súas achegas nos libros de texto escolares.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 11 FEBREIRO

Para participar na nosa proposta, pincha na imaxe para saber máis.

07 febreiro 2021

OS DE 4º DA ESO EN LITERATURA CASTELÁ

 Estes días os de 4º están produtivos e aquí nos ofrecen dúas actividades.

  • Nubes de palabras sobre o Romanticismo.

Irene Ferreira
  • Citas amorosas para San Valentín.

30 xaneiro 2021

DÍA DA PAZ, 2021

O alumnado de ITI, en traballo colaborativo, deseñou un decálogo para vivir en paz no colexio. Oxalá o teñamos en conta, seriamos moito máis felices.

Tamén nas distintas titorías deseñaron o símbolo da paz con post-it de cores. Pinchade na imaxe para ver máis.



29 xaneiro 2021

ACTIVIDADES DÍA DA PAZ (30 XANEIRO 2021)

 O 30 de Xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e A Paz. Para que poidades desfrutar deste día tan especial, deixámosvos unhas recomendacións e actividades.

CONTO: WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ. 

Pinchando na imaxe poderedes ler este precioso conto.




ACTIVIDADES








26 xaneiro 2021

DÍA ILUSTRACIÓN, 30 DE XANERIO

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano a protagonista é Lolita Díaz Baliño "... unha pioneira artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época."
É Manel Cráneo o autor do cartel deste ano, unha poderosa imaxe da que seguro teremos moitas e variadas lecturas: estéticas, literarias, históricas, mitolóxicas ... ao tempo que viaxamos polas xeografías da ilustración.

07 xaneiro 2021

2021

Para avanzar polo 2021, tres calendarios que podedes descargar.

O científico do CSIC

O ortográfico de Don Pardino.


editado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo que este ano fau protagonista ao alumnado galegofalante.

02 xaneiro 2021

FESTIVAL NADAL 2020

Despedimos o ano con moito ritmo, pois Ruta ata consegue que nos movamos á vez. Temos ata vídeos que o demostran. Pinchade nas imaxes.

Pero non só foi baile. Unha xincana cultural e deportiva, con alta participación, axudounos a despedir o día con diversión.
Con esta motivación dá gusto organizar actividades. Repetiremos.