09 marzo 2021
8M EN MÚSICA
O 11F E 8M EN PROGRAMACIÓN DE 1º DA ESO
Os estudantes de 1º realizaron este mes uns traballos sobre a Muller na Ciencia nas clases de programación.
Esta é unha selección dalgúns programas que fixeron.
Marola, 1ºESO A - HEDY LAMARR, A INVENTORA DA WIFI
Mauro, 1º ESO A - IRÈNE JOLIOT-CURIE, PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 1935
Marta Gil, 1º ESO B - ÁNGELES ALVARIÑO, PIONEIRA GALEGA NAS CIENCIAS DO MAR
Eyre, 1º ESO B - MARÍA MARTINÓN, PALEONTÓLOGA
Verónica, 1º ESO C - MARGARET HAMILTON, A CONQUISTA DO ESPACIO
Aroa, 1º ESO C - FELISA MARTÍN BRAVO, A PRIMEIRA METEORÓLOGA ESPAÑOLA
08 marzo 2021
O DÍA DA MULLER NA RADIO DO CPI DA CAÑIZA.
Hoxe, Luns 8 de Marzo, celebramos o Día Da Muller na radio de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza. O alumnado de 3ºB de Primaria, e a súa mestra Cristina, contáronnos un pouco a historia deste día, por que se celebra e algunhas ideas que coñecen sobre o mesmo. Tamén poderemos coñecer cómo están a conmemorar esta data tan especial na súa clase. Deixámosvos con Cristina, Joana, Daniela, Alba, Yoli e Eric. Esperamos que vos guste!
DÍA DA MULLER 8 DE MARZO. Biblioteca de Primaria
03 marzo 2021
13 febreiro 2021
12 febreiro 2021
DÍA DE ROSALÍA, CONCURSO DE CALIGRAMAS
- Poderá participar todo o alumnado de ESO.
- Os participantes presentarán o caligrama nunha cartolina tamaño DIN A-4.
- Para realizalo, utilizaran poemas escritos pola ilustre escritora. En todo caso, nos traballos, constará o título do poema pintado e pola parte de atrás da cartolina, o seu nome, apelidos e curso do alumno/a.
- Valorarase a calidade, a orixinalidade e o contido do traballo.
- O caligrama entregarase a profesora de Bioloxía (Irene).
- O prazo de admisión será ata o Martes 16 DE FEBREIRO DE 2021.
- Haberá un único gañador/a, que se dará a coñecer o 24 de febreiro.
- O xurado que cualificará estes traballos estará formado por profesores e profesoras do centro e o seu fallo será inapelable.
- O caligrama premiado poderá ser usado para posteriores publicacións.
- O feito de concursar implica a aceptación destas bases, polo cal, o incumprimento das mesmas poderá facer que o caligrama sexa eliminado do concurso.
11 febreiro 2021
08 febreiro 2021
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 11 FEBREIRO
07 febreiro 2021
OS DE 4º DA ESO EN LITERATURA CASTELÁ
Estes días os de 4º están produtivos e aquí nos ofrecen dúas actividades.
- Nubes de palabras sobre o Romanticismo.
- Citas amorosas para San Valentín.







