09 marzo 2021

8M EN MÚSICA

Dende música tamén puxeron a mirada nas mulleres que ten moito que dicir neste eido.
Con ese obxectivo, o alumnado de 3º e 4º elaborou esta nube de palabras e este mural.
Creadoras: Aurora Pérez, 4º B e Sara Castro, 4º C

Creadores: alumnado de 3º e 4º de ESO
PINCHADE NA FOTO PARA VELO CON MÁIS DETALLE

O 11F E 8M EN PROGRAMACIÓN DE 1º DA ESO

Os estudantes de 1º realizaron este mes uns traballos sobre a Muller na Ciencia nas clases de programación.

Esta é unha selección dalgúns programas que fixeron.

Marola, 1ºESO A - HEDY LAMARR, A INVENTORA DA WIFI

   

 Mauro, 1º ESO A - IRÈNE JOLIOT-CURIE, PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 1935

Marta Gil, 1º ESO B -  ÁNGELES ALVARIÑO, PIONEIRA GALEGA NAS CIENCIAS DO MAR

Eyre, 1º ESO B - MARÍA MARTINÓN, PALEONTÓLOGA

Verónica, 1º ESO C - MARGARET HAMILTON, A CONQUISTA DO ESPACIO

Aroa, 1º ESO C - FELISA MARTÍN BRAVO, A PRIMEIRA METEORÓLOGA ESPAÑOLA

08 marzo 2021

O DÍA DA MULLER NA RADIO DO CPI DA CAÑIZA.

 

Hoxe, Luns 8 de Marzo, celebramos o Día Da Muller na radio de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza. O alumnado de 3ºB de Primaria, e a súa mestra Cristina, contáronnos un pouco a historia deste día, por que se celebra e algunhas ideas que coñecen sobre o mesmo. Tamén poderemos coñecer cómo están a conmemorar esta data tan especial na súa clase. Deixámosvos con Cristina, Joana, Daniela, Alba, Yoli e Eric. Esperamos que vos guste!



DÍA DA MULLER 8 DE MARZO BIBLIOTECA PRIMARIA

 


DÍA DA MULLER 8 DE MARZO. Biblioteca de Primaria

 

LECTURAS DÍA DA MULLER

O Equipo de Biblio Infantil e Primaria
quere compartir con vós unha selección 
de libros para celebrar o día da Muller


Premede na imaxe, e deixar voar a imaxinación.



13 febreiro 2021

ENTROIDO 2021

Con moito coidado, pero non podiamos deixar de celebralo. Pinchade na foto para ver máis.

12 febreiro 2021

DÍA DE ROSALÍA, CONCURSO DE CALIGRAMAS

Dinamización Lingüística organiza para o día de Rosalía este concurso.
  • Poderá participar todo o alumnado de ESO.
  • Os participantes presentarán o caligrama nunha cartolina tamaño DIN A-4.
  • Para realizalo, utilizaran poemas escritos pola ilustre escritora. En todo caso, nos traballos, constará o título do poema pintado e pola parte de atrás da cartolina, o seu nome, apelidos e curso do alumno/a.
  • Valorarase a calidade, a orixinalidade e o contido do traballo.
  • O caligrama entregarase a profesora de Bioloxía (Irene).
  • O prazo de admisión será ata o Martes 16 DE FEBREIRO DE 2021.
  • Haberá un único gañador/a, que se dará a coñecer o 24 de febreiro.
  • O xurado que cualificará estes traballos estará formado por profesores e profesoras do centro e o seu fallo será inapelable.
  • O caligrama premiado poderá ser usado para posteriores publicacións.
  • O feito de concursar implica a aceptación destas bases, polo cal, o incumprimento das mesmas poderá facer que o caligrama sexa eliminado do concurso.

08 febreiro 2021

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 11 FEBREIRO

O movemento #NoMoreMatildas, apoiado por importantes escritoras, científicas, institucións e medios de comunicación, denuncia un fenómeno, conocido como Efecto Matilda, que priva á sociedade de referentes femininos na ciencia.
Esta campaña, iniciada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), publica un anexo para os libros de texto e tres biografías imaxinarias de Einstein, Fleming e Schrödinger,  coas que reivindica unha maior presenza das científicas e as súas achegas nos libros de texto escolares.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 11 FEBREIRO

Para participar na nosa proposta, pincha na imaxe para saber máis.

07 febreiro 2021

OS DE 4º DA ESO EN LITERATURA CASTELÁ

 Estes días os de 4º están produtivos e aquí nos ofrecen dúas actividades.

  • Nubes de palabras sobre o Romanticismo.

Irene Ferreira
  • Citas amorosas para San Valentín.