08 setembro 2014
24 xuño 2014
LOGO NOS VEMOS!!!
Estamos de despedida e, coma sempre, desexámosvos un verán cheo de diversións e boas lecturas.
En setembro volvemos!!!
AVALIAMOS A HORA DE LER E O PROXECTO LECTOR
Durante o mes de maio, profesores e alumnos fixemos unhas enquisas na que se pedía avaliásemos a hora de ler e o Proxecto Lector.
E aquí están outros resultados en gráficas.
06 xuño 2014
Conferencia de Vicente Feijoo sobre a Toponimia
Vicente transmitiu a idea da toponimia como algo vivo, cotián, sempre presente nas nosas vidas, que, lonxe de estar afastado ou recluído en volumes antigos de escuras bibliotecas, podemos aínda escoitar na fala dos nosos pais e avós, outorgándolle así renovada vixencia ou no peor dos casos tentando que non esmoreza ese vasto patrimonio cultural. Na súa charla, Vicente, ademais da abundante documentación achegada sobre a nosa zona (o proxecto coordinado por el, aínda incompleto, de preto de medio millón de microtopónimos galegos non ten precedentes), conseguiu crear un agradábel clima de interacción cos alumnos, que participaron animadamente facendo preguntas e observacións.
Un escenario favorábel, vivo e apaixonante, que contrasta co escaso interese que as persoas encargadas de manexar os investimentos públicos en materia de cultura semellan ter pola defensa da lingua e polos lugares que habitamos.
17 maio 2014
14 maio 2014
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014, XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Para conmemorar o día presentamos as exposicións que difunde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, nas que se fai un percorrido polos momentos máis significativos da biografía de Díaz Pardo.
Tamén recomendamos esta peza audiovisual dirixida por Xulio Xiz, é unha viaxe pola vida e a obra de Xosé María Díaz Castro que ten o valor engadido de facerse da man do propio poeta, co que visitamos os lugares onde transcorreron a súa infancia e mocidade e onde el mesmo nos recita os seus textos máis significativos. No documental tamén se fai referencia ao feito de que Díaz Castro chegase a dominar case todas as linguas de Europa, feito que pode poñerse en paralelo con esa escolla do idioma da súa infancia para a súa produción literaria máis significativa.
- Historia do día das Letras
- Homenaxedos
- Xosé María Díaz Castro: Biografía e obra
- Materiais divulgativos da Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Pasapalabra do CEIP A Ponte de Lugo.
- Prezzi: Mª José Martínez Paz, alumna de 2º de Bacharelato do IES de Curtis, elaborou esta excelente presentación que, a través de fotografías e outras ilustracións, vai facendo un percorrido polos momentos máis representativos da biografía de Díaz Castro.
- Penélope: pequena curta que recrea o poema “Penélope” de Xosé María Díaz Castro mediante a mestura das voces do alumnado cunha moderna animación manga. Realizada polo IES As Barxas de Moaña.
03 maio 2014
01 maio 2014
30 abril 2014
CELEBRAMOS O MES DO LIBRO ELABORANDO MARCAPÁXINAS
Entre as actividades que fixemos para celebrar o mes do libro en infantil e primaria destaca á de confección de marcapáxinas.
Nestas fotos podedes ver que chulos quedaron!
Nestas fotos podedes ver que chulos quedaron!
26 abril 2014
20 MINUTOS, "HORA DE LER"
Nesta semana do libro, queremos celebrar a nosa "hora de ler" cun vídeo promocional que alumnos de 1º fixeron con Xabier (profesor de Lingua Galega e do equipo de biblioteca).
Dende o curso 2010-2011 e co obxectivo de crear ambientes lectores, empezamos con este tempo de vinte minutos diarios de lectura libre e silenciosa en horario lectivo.
Despois de tres anos, é unha actividade tan asumida e consolidada que xa nin nos cuestionamos, e que reporta uns beneficios incalculables na adquisición das competencias do noso alumnado.
25 abril 2014
OS 40 PRINCIPAIS EN GALEGO
En datas recentes, desde a Asesoría de bibliotecas escolares solicitáronnos aos centros PLAMBE a relación de títulos galegos que se incluían nos itinerarios lectores (é dicir, os libros de lectura recomendada desde os departamentos para o presente curso escolar).
Das respostas recibidas seleccionaron os "40 principais"; os 40 libros galegos que máis se repetían.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





.jpg)











