Sempre buscan sensibilizar con carteis e montaxes artísticas que nos levan á reflexión.
26 novembro 2018
25 novembro 2018
24 novembro 2018
CONTE AVEC MOI
Os alumnos de Francés de 2º e 4º de ESO puideron disfrutar dun contacontos na xornada do venres 23.
O camerunés, Samuel Mountoumnjou, contou 3 contos coa colaboración dos alumnos e compartiu con nós algunha anécdota da súa infancia.
NIN MEDIA BROMA
O Goberno lanza a campaña '#NiMediaBroma' contra a violencia de xénero na que coñecidos humoristas din "non" aos malos tratos machistas coincidindo co 25 de novembro.
23 novembro 2018
SOBRE TABAQUISMO
O alumnado de 2º da ESO participou, esta semana, nas charlas dirixidas por alumnas de Traballo Social, que buscan diminuír o consumo de tabaco entre os adolescentes.
21 novembro 2018
CONCURSO DE CURTAS
Do 26 ao 30 de novembro, no 2º recreo, na biblioteca, proxectaranse todos os traballos en orde aleatoria.
O día 3 de decembro, durante o 1º recreo, quen o desexe poderá votar pola súa curta favorita.
Haberá premios para as tres propostas máis votadas.
Iremos publicando os mellores traballos no blog da biblioteca.
20 novembro 2018
CAMBIA O TRATO
Facemos nosas as palabras dunha campaña viral contra a violencia de xénero en Arxentina: "cambiá el trato".
Esta campaña, que se compón de varios vídeos, comparte un trazo común: só participan homes e encarnan tres situacións referentes a esta problemática: violencia doméstica, violencia dixital e acoso na rúa.
Esta campaña, que se compón de varios vídeos, comparte un trazo común: só participan homes e encarnan tres situacións referentes a esta problemática: violencia doméstica, violencia dixital e acoso na rúa.
15 novembro 2018
25 NOVEMBRO

“Denuncia”, “plántate”, “chama ao 016”, “non te cales”. Historicamente, as campañas sobre denuncia e prevención de violencia de xénero dirixíronse á vítima e case nunca vemos campañas que sinalen ao culpable: o que exerce esa violencia.
Pero as cousas poden cambiar se as corriximos.
PREMIO CERVANTES, 2018
A poeta uruguaia de 95 anos, Ida Vitale (Montevideo, 1923), foi galardoada co Premio Cervantes 2018.
Inscrita na tradición das vangardas latinoamericanas, Vitale, cuxa obra está caracterizada por poemas curtos, unha procura do sentido das palabras e un carácter metaliterario, é representante da poesía esencialista. O premio valora "a súa linguaxe, unha das máis recoñecidas en español".
14 novembro 2018
04 novembro 2018
CONCURSO NADAL
DECORAMOS A PORTA DA BIBLIOTECA
Ao igual que fixemos en cursos pasados, queremos decorar a porta da
biblioteca para o Nadal coa vosa colaboración.
Bases:
Bases:
- Participantes: a participación será individual ou en grupo (máximo 4 persoas).
- Prazo: a data límite para entregar na biblioteca os proxectos será o 30 de novembro.
- Tema: o Nadal.
- Procedemento: realizarase o deseño nun folio no que, ademais, se expliquen os materiais empregados na súa realización. Lembrade que ha de ser papel, cartón, cinta, algodón, ou calquera material fácil de conseguir e económico.
- Xurado composto por
- Un membro do equipo da biblioteca.
- Un membro do Equipo Directivo
- A profesora de Educación Plástica e outro profesor/a do centro
- Un delegado ou subdelegado elixido de entre os non participantes.
- Gañador: elixirase un único premiado de entre todos os traballos presentados.
- Premios: realización do deseño na porta da biblioteca. Un agasallo a elixir entre: un Mp4, unha selección de libros, un videoxogo educativo, material escolar (arquivador, pen drive…)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










































