29 novembro 2020

25N NA ESO

En Secundaria todos traballaron para conmemorar o día, pero algúns con proxección fóra da aula, aquí deixamos algunha mostra. Pinchade nas imaxes para ver máis.

  • Raquel, con Valores de 2º A.
  • Iria, coa titoría de 1ª A.

  • Tony, coa titoría de 4º A.

  • Ivonne coa titoría de 1º C.

28 novembro 2020

SAMAÍN, 2020

Como non podía ser doutro xeito, Elena, en dous días, preparou un Samaín de luxo: decoración do centro, disfraces, festa holi e ata un túnel do terror. As colas que se organizaron para morrer de medo, amosan o éxito da xornada.

Haberá que repetir!!!!

E, por fin, podemos publicar as probas!!! Se picas nas fotos poderás ver máis.
Temos ata vídeos. Míraos.

26 novembro 2020

Comezamos!

 A Biblioteca de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza xa está dispoñible para todos/as vós! Este ano dunha maneira un pouco diferente, pero sempre con gañas e ilusión para que poidades desfrutar das vosas lecturas favoritas. Unhas caixas con libros percorrerán as vosas clases durante unha tempada para achegarvos a maxia da biblioteca. 

Para máis información, premede nesta imaxe e mirade o vídeo! 





30 outubro 2020

PREMIO NACIONAL NARRATIVA, 2020

Juan Bonilla foi o galardoado pola súa obra ‘Totalidade sexual del cosmos".
Juan Bonilla é licenciado en Xornalismo e colaborador habitual en xornais, revistas de información xeral e en revistas literarias. É coordinador da revista Zut e colabora en EL Mundo e JotDown. É autor das novelas Ninguén coñece a ninguén (1996), que foi levada ao cinema; Los príncipes nubios (2003), Prohibido entrar sin pantalones (2013) e La novela del buscador de libros (2018)

27 outubro 2020

LETRAS GALEGAS, 2020

Como sabedes, as Letras Galegas, por mor da COVID-19, adiouse, por primeira vez na historia, a este 31 de outubro. E, cerca da data, convidámosvos a visitar as entradas que naquel momento fixemos sobre o día e o autor.

23 outubro 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020

O día 24 de Outubro, sábado, celebramos o Día das Bibliotecas! 

Para esta conmemoración, o Equipo de Biblioteca de Infantil e Primaria queremos adiantarvos un pouco o que estamos a preparar na biblio do cole, para que volva a funcionar e poidades desfrutar pronto das vosas lecturas favoritas.

Premede na imaxe para acceder ao vídeo. 

Vémonos prontiño!