20 de nov. de 2014

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Experimento social
Camiñar polas rúas dunha gran cidade como Nova York resulta insoportable se a persoa acaba sendo branco de acoso, disfrazado de 'simple cumprimento'.
Como parte da súa última campaña, a plataforma Hollaback!, que loita contra o acoso, condensou 10 horas de gravación neste vídeo no que a actriz Shoshana Roberts experimenta a crúa realidade coa que moitas mulleres se enfrontan cada día.

Como actuamos ante a violencia machista?
Todo o mundo rexeita, sen ningún tipo de paliativos, a violencia contra as mulleres. Pero, que acontece cando somos testemuñas en primeira persoa deste tipo de agresións?
A compañía sueca STHLM Panda decidiu comprobar a reacción da xente ante a violencia de xénero. Cunha cámara oculta instalada nun ascensor, un home ameaza e agride a súa suposta parella, ante unha testemuña.
Abonda con ver o vídeo para comprobar que, aínda que a opinión e actitude da maioría cidadá é totalmente contraria a este tipo de violencia, á hora da verdade, non se actúa en consecuencia. Só unha das 53 vítimas da cámara oculta reacciona ante a agresión.

Na biblioteca, ese día, con marcapáxinas, música, libros e audiovisuais intentaremos sensibilizar, previr ou detectar situacións de risco.
Outras alternativas de traballo aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario