13 de nov. de 2015

PREMIO CERVANTES 2015

O escritor mexicano Fernando del Paso foi galardoado co Premio Cervantes 2015. Cúmprese así, de novo, a lei non escrita que reparte alternativamente o galardón entre Latinoamérica e España, despois de que en 2014 recaese no escritor español Juan Goytisolo.
Del Paso é un home polifacético: escritor, debuxante, pintor, diplomático e académico, publicou poesía, teatro, contos, ensaios... e, sobre todo, tres novelas que xa están consideradas como fundamentais na narrativa iberoamericana do século XX: "José Trigo", "Palinuro de México" e "Noticias del Imperio".
Entre as súas últimas producións están: a novela "Linda 67. Historia de un crimen", o poemario "PoeMar" e o ensaio "Viaje alrededor del Quijote".
   

Ningún comentario:

Publicar un comentario