luns, 19 de setembro de 2016

PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN, 2016


Xa en xullo coñecemos o galardoado co Premio Nacional de Ilustración 2016, Javier Sáez Castán, que recibe o galardón "pola súa capacidade para construír mundos e pola calidade das súas obras, grandes clásicos contemporáneos".
Obras súas como ilustrador e autor son Animalario universal do profesor Revillod, Picopelosplumas e o home paxaro, Pom...Pom...Pompibol!, Os tres ourizos ou O armario chinés.
Entre os libros que só ilustrou están Contos de Hoffman (Editorial Anaya), Contos para nenos, de Isaac Bashevis Singer (Editorial Anaya), A pequena cerillera e outros contos (Editorial Anaya), O valente soldado de chumbo (Editorial Anaya) e As viaxes de Gulliver (Editorial Sexto Piso).

Ningún comentario:

Publicar un comentario