mércores, 7 de decembro de 2016

DIN QUE MELLORAMOS... E SEN LOMCE

Este martes, 6 de decembro, publicáronse os resultados das probas PISA realizadas a 540.000 alumnos de 72 países.
No estudo internacional, que mide coñecementos en Lectura, Matemáticas e Ciencias, participaron 37.000 alumnos de ESO de 980 centros de todas as comunidades autónomas españolas no segundo semestre de 2015.
O informe, que achega por primeira vez datos de todas as comunidades, mostra grandes diferenzas de rendemento entre elas.
Se comparamos cos resultados do 2012, o rendemento dos alumnos galegos de 15 anos mellora cinco puntos en matemáticas (494), sobe en 10 puntos en lectura (ata 509) e mantense en ciencias (en 512 puntos).
O país mellor clasificado nas tres áreas é Singapur con 556 puntos en Ciencias, 564 puntos en Matemáticas e 535 en Lectura. En Ciencias, ségueo Xapón (538) e Estonia (534); en Matemáticas, Hong Kong (China), con 548 puntos, e Xapón (532); e en Lectura, Hong Kong e Canadá (ambas as con 527) e Finlandia (526).
E por último, só un apunte dirixido ás Administracións que inchan peito para anotarse o tanto: os alumnos de 15 anos que realizaron a proba nunca viron a LOMCE. Dá para reflexionar, non si?
Vía: Galicia press

Ningún comentario:

Publicar un comentario