21 de xuño de 2017

LETRAS GALEGAS, 2018

O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Vitoria Moreno (Cáceres, 1941 - Pontevedra, 2005), segundo fixo público este sábado a RAG, presidida por Víctor Freixanes.
Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, María Vitoria Moreno chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora, e enseguida asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as letras da comunidade tanto en narrativa como en estudos literarios, en ensaio, en poesía e en didáctica da lingua e da literatura galegas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario