20 de abr. de 2018

OBRADOIRO PREHISTÓRICO

Os alumnos de 1º da ESO dentro do proxecto Historiamos, que busca achegar ao alumnado a materia de Xeografía e Historia a través do xogo, realizaron un novo reto: un obradoiro de ferramentas líticas e arte das diferentes etapas da Prehistoria.
Os alumnos recibiron unha nova mensaxe na que se lles encargaba unha nova misión: recopilar os obxectos prehistóricos do país imaxinario que “descubriron” en xornadas anteriores. Os materiais a utilizar eran os mesmos que usaron nos homínidos no seu tempo: pedras, paus, pigmentos naturais (especias), carbón e arxila.
Divididos nos seus grupos cooperativos dividiron as tarefas:
- Elaboración de pinturas rupestres Paleolíticas, máis realistas, con bordes negros e recheo en cor tomando como exemplo os bisontes de Altamira e os cervos e cabalos de Lascaux.
- Elaboración de pinturas rupestres Neolíticas, esquemáticas, monócromas, representando escenas de caza, tomando como exemplo diferentes covas peninsulares (Abrigo dels Cavalls e Valtorta en Castellón).
- Elaboración de útiles líticos con pedras e paus a través da técnica Levallois que permite crear puntas de frechas afiadas, machadas, choppers e bifaces de man,
- Creación de venus e figuriñas votivas adicadas á deusa da fertilidade con arxila tomando coma exemplo a Venus de Willendorf.
- Creación de megalitos (dolmens, mámoas e crómlech) mediante pedras e arxila.
- Representación a través de arxila das principais innovacións do Neolítico e da Idade dos Metais (muíños, rodas, arados…).
 O resultado foi increíble: traballamos limpamente, organizados e complentando os puntos da rúbrica.
A próxima mensaxe secreta do GEAI está a chegar… parece que os alumnos momificarán algo-alguén seguindo os ritos dos antigos exipcios… teremos noticias.

















Ningún comentario:

Publicar un comentario