Este ano, por primeira vez desde 1949, non se entregará o Nobel de Literatura. O escándalo de acoso e abusos sexuais, que destapou ademais unha serie de irregularidades na institución que elixe o prestixioso galardón, provocou a súa suspensión.
A Academia sueca anunciou, xa en maio, que pospoñería a decisión e a entrega do Nobel ata o ano que vén, ano no que entregarán dous galardóns.
A decisión non afecta aos outros premios Nobel, que entregan organismos distintos.
O Nobel de Literatura só quedou deserto en 1935 e non se deu en 1914, 1918, 1940, 1941, 1942 e 1943 debido ás dúas guerras mundiais. Ademais, pospúxose noutras sete ocasiones en busca dun "candidato axeitado", pero nestes casos (1915, 1919, 1925, 1926, 1927, 1936 e 1949) sempre terminou por darse, a maioría deles ao ano seguinte.

Ningún comentario:
Publicar un comentario