LINGUA GALEGA
O Portal das Palabras (iniciativa conxunta da RAG e a Fundación Barrié), por votación popular, escolle deseucaliptización como a palabra do ano 2018 en lingua galega.
“Deseucaliptización” sumou 3114 votos, máis da metade dos 5.724 votos emitidos, moi por diante das outras cinco palabras finalistas.
Por detrás de deseucaliptización quedaron dous termos que marcaron tamén a actualidade nos últimos 12 meses, protagonizados polas reivindicacións de igualdade real arredor do 8 de marzo. Así, a segunda máis votada foi, de feito, feminismo, con máis dun milleiro de votos. A terceira foi sororidade, que acadou uns 650 votos, e a quinta, apoderamento, que superou os 300. Entre estes dous termos colocouse fariña, con máis de medio milleiro de apoios nunha listaxe que pechou fascismo.
LINGUA CASTELÁ
A Fundéu (promovida pola Axencia EFE e BBVA) elixiu microplástico de entre as súas doce candidatas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario