O 25 de febreiro no patio do CPI tivo lugar unha actividade extraescolar organizada polo Dpto. de francés para os cursos de 1ª , 3º e 4º de ESO. A actividade, que tivo gran acollida por parte dos alumnos, consistiu na degustación e preparación de crêpes por parte dos alumnos ao mesmo tempo que interactuaban en francés entre eles e con Jéremy, un bretón moi simpático que os soubo levar moi ben. Algúns alumnos actuaban como "serveurs" e outros como "cliants" utilizando todos as normas de cortesía e estruturas básicas para pedir e para servir. Todos os alumnos participaron con moito interese e entusiasmo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario