Este ano para conmemorar o Día das Letras Galegas e coñecer ao autor homenaxeado, dende a materia de LGL fixemos un proxecto co alumnado de 1º ESO.
O Proxecto tivo varias fases. Reproduzo embaixo o guión tal como foi entregado aos alumnos nunha ficha.
- Selecciona un obxecto que teñas na casa: aparello de labranza, utensilio de cociña, peza de ropa, utensilio de traballos de viño, de pesca...
- Faille unha foto. Entregarédesma nun lapis. Data límite de entrega : 26 de abril.
- Elaboración dunha ficha na que se recollerá a seguinte información: descrición do obxecto, función do obxecto, propietario e usuario desta peza.
Esta ficha farémola na aula durante a semana do 29 de abril ao 3 de Maio.
Montaremos nunha cartolina a foto e a ficha, para facer unha pequena exposición que homenaxeará a Antón Fraguas.
Nas imaxes podemos comprobar o resultado da tarefa. Para alén de traballarmos contidos curriculares como pode ser a definición, tratei de espertar nos alumnos unha actitude de respecto e valoración cara obxectos que noutrora usaban os seus avós, nais..e que falan do pasado. Sabemos que a rapazada está moi instalada no presente e máis predisposta cara ao para o futuro, mais virarse cara o pasado convertiráos en persoas máis completas.
Non quero rematar sen destacar a importancia de celebracións como esta, pois poñen en valor a persoas destacadas da nosa cultura e axúdannos a achegarnos á súa obra e vida. Este ano temos a oportunidade de achegarnos a Antón Fraguas, un home que tanto fixo por estudar o patrimonio material e inmaterial da cultura galega.
QUE VIVAN AS LETRAS GALEGAS !!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario