Durante este pasado mes de abril os alumnos de 2º da ESO asistiron ás dúas últimas actividades formativas do Plan Proxecta, na categoría de "O mundo que queremos".
Unha das actividades foi unha visita internacional desde O Salvador protagonizada por membros do colectivo LGTBI que non só nos falaron da discriminación que sofren moitos homosexuais e transexuais neste país, senón tamén da violencia de xénero, abusos e marxinación, achegándonos a súa experiencia vital.
A outra actividade foi unha representación teatral "Non bula-lo bulo" da man da compañía "As 100tolas", que nos introduciu no Teatro dos Oprimidos e no Teatro Social, reflexionando sobre o papel que xogan as fake news na nosa realidade, e manipulación da información.
Agora xa só queda exhibir as nosas obras desde gran proxecto: curtametraxes e programas radiofónicos. Xa queda moi pouco!
Ningún comentario:
Publicar un comentario