13 de abr. de 2020

SEMANA SANTA CON MENSAXES

Boa tarde, rapazas e rapaces!

Que tal? Como foron esas vacacións? Esperamos que fose todo o mellor posible.

Vouvos a ensinar as fotos e vídeos que nos chegaron estes días. Comezamos por Lucas, de 5º de Infantil A, que nos amosa as lentellas que prantou seguindo as instrucións da profe Eva. A ver que sae de aí, Lucas! Tamén nos mandou un vídeo no que sae buscando ovos de Pascua. Atoparía algún?







Outro alumno que nos quixo compartir o seu día a día nestas vacacións algo diferentes foi Hugo, de 4º de Infantil A. Aquí o vemos cociñando, axudando na casa... moi ben, Hugo! O tempo xenial aproveitado!




E da mesma clase que Hugo é Derek, que nos envía unha foto cun arco da vella e unha mensaxe: TODO VAI SAÍR BEN. Xa verás como si, Derek! 




E, por último, un vídeo de ánimo enviado por Noemi (1º da ESO B) e Jessica (6ºB de Primaria). Moitas grazas pola vosa aportación, chicas! Un pracer vervos e saber de vós. Esperamos vervos pronto!


Ningún comentario:

Publicar un comentario