26 de xuño de 2021

PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN, 2021

Vitoria Escrivá Palacios, Viví Escrivá, é a gañadora do Premio Nacional de Ilustración 2021. Esta valenciana de 82 anos xa ten o Premio Nacional de Literatura Infantil debido unha longa carreira ligada á ilustración para nenos.
Comezou o seu labor como ilustradora de libros infantís e escolares en 1976. Entre os seus traballos atópanse colaboracións con TVE e a elaboración de 13 audiovisuais para o Ministerio de Cultura, "Las palabras vivas". O seu libro "Cuando Lía dibujó el mundo" foi seleccionado no ano 2000 pola Fundación Germán Sánchez  Ruipérez como unha das cen obras destacadas de literatura infantil española do século  XX. Outro dos seus traballos populares foi a ilustración dos contos do programa infantil de TVE Un globo, dos globos, tres globos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario