Este é o lema deste curso 2021-22 para os materiais que a Consellería de CEOU edita para a Biblioteca escolar.
A imaxe que interpreta este lema é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero.
As producións que ofrece a biblioteca axudan ao alumnado a medrar donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento. Mais tamén, as bibliotecas escolares son espazos sociais de encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta, os clubs de lectura… Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia.
A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario